23.5.08

Publicado en: “Reabertas dilixencias pola morte de dous osos pardos” – (nortedecastilla.es)

O ano pasado saíu á luz pública a noticia da morte de dous osos pardos na Montaña Palentina, asunto xudicial arquivado con posterioridade, decisión que causou perplexidade naquelas persoas que seguimos con especial interese todo o que se relaciona co Oso Pardo.
Agora lemos na prensa (http://www.nortedecastilla.es/) que o Xulgado de Cervera de Pisuerga reabriu estas dilixencias para recadar novos datos de ámbalas dous mortes.
As dúas mortes refírense a animais pertencentes á poboación oriental, que se atopa na súa meirande parte na Montaña Palentina y en menor cantidade na zona Cántabra e Leonesa.
Un dos exemplares atopouse morto en agosto do ano pasado na zona de Polentinos e o asunto se arquivou con excesiva dilixencia, xa que os análises toxicolóxicos posteriores certificaron que o animal foi envelenado. A Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica presentou un recurso polo arquivo do asunto, que motivou que a Audiencia Provincial ordenase a reapertura da investigación para determina-las causas da morte do animal e por riba de todo o autor e autores dos feitos.
O segundo oso foi atopado morto en decembro de 2007, en Resoba. O informe veterinario determinou que o animal morreu por un traumatismo cranial que a xustiza considerou un “accidente”. Foron varias as asociacións ecoloxistas que solicitaron a reapertura do caso para aclarar o golpe que sufriu o oso na fronte.
Xa por aquel entonces, falábamos da estraña circunstancia de atopar un oso morto por causas digamos naturais. Un animal que, cando se sinte enfermo se interna na mestura da vexetación, as máis das veces inaccesible. O corpo morto dun Oso Pardo leva implícito na maiorías das ocasións unha violencia engadida por un depredador. A cuestión é ¿qué depredadores directos ten o Oso Pardo adulto?. Se contestades á pregunta, tedes a resposta.

--------------

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio