1.7.08

DISPOSICIÓN LEGAL: Creación do Inventario de humidais de Galicia e réxime xurídico (DOG – 25 xuño 2008)


Publicado do DIARIO OFICIAL DE GALICIA núm. 122, de 25 de xuño de 2008


Decreto 127/2008 de 5 de xuño
Desenvolvemento do réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.

O Decreto no seu artigo 4º-capítulo II define o concepto de “humidal protexido” como:
“As extensións de marismas, pantanos, turbeiras ou superficies cubertas de auga, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña en que a profundidade en marea baixa non exceda dos seis metros, que á vez cumpran unha función de importancia internacional, nacional ou autonómica na conservación dos recursos naturais e que sexan declarados como tales.
Poderán comprender zonas ribeiregas, costeiras ou adxacentes, así como as illas ou extensións mariñas de profundidade superior aos seis metros en marea baixa cando estas se encontren dentro do humidal”.

No Capítulo II-Artigo 5º, danse os criterios para o nomeamento de humildal protexido:
a) Que constitúa unha paisaxe singular.
b) Que revista importancia para o mantemento de funcións ecolóxicas.
c) Que se trate dun exemplo raro ou único de humidal.
d) Que sustente poboacións de especies vexetais ou animais importantes para o mantemento da diversidade biolóxica
e) Que sustente nunha etapa crítica do seu ciclo biolóxico especies vexetais ou animais características ou lles ofreza refuxio.
f) Que sustente regularmente unha poboación importante de aves acuáticas invernantes.
g) Que posúa un xustificado interese paleambiental, histórico, cultural ou etnográfico.


Destacamos así mesmo dentro do capítulo II-Artigo 8º, as limitacións e prohibicións tanto para o humidal como para a súa zona periférica de protección:

a) Introducción de especies de flora e fauna non autóctonas.
b) As actividades que directa ou indirectamente poidan producir o desecamento ou a alteración hidrolóxica do humidal.
c) As actividades, verteduras sólidas e líquidas de calquera natureza que afecten de forma negativa á calidade das augas superficiais ou subterráneas que alimentan o humidal.
d) Modificación do réxime hidrolóxico e composición das augas, así como a alteración dos seus límites e medios ecolóxicos.
e) As modificacións da cubeta e das características morfolóxicas do humildal e o recheo do humidal.
f) As explotacións mineiras e extractivas (con excepción de dereitos otourgardos con anterioridade). Unha decisión esta última, errónea, a o noso xuízo.
g) A construcción de edificacións e outros usos residenciais.
h) A utilización de productos praguicidas, funxicidas ou fitocidas que poidan afectar o humidal.
i) As infraestructuras, en particular as viarias, portuarias, enerxéticas ou de telefonía, así como a ampliación das existentes.
j) A utilización de artefactos ou dispositivos que produzan contaminación acústica e incidan negativamente sobre a fauna.
k) As queimas de todo tipo de vexetación que resulten incompatibles coa conservación do humidal.
l) Calquera actividade deportiva ou recreativa non compatible co mantenemento das funcións ou valores polos que se declarou.
m) Calquera outra actividade non recollida anteriormente que poida prexudicar a conservación do humidal. (Punto importante).

No Capítulo III se crea o Inventario de Humidais de Galicia e no anexo I dáse unha lista dos humidais incluídos no inventario:

1) LAGOA E DUNA DE CORRUBEDO – 983,81 ha., Ribeira (A Coruña).

2) COMPLEXO INTERMAREAL “UMIA – OGROVE – A LANZADA – PUNTO CARREIRÓN E LAGOA BODEIRA”. – 2.600,58 ha., Cambados, Illa de Arousa, Meaño, O Grove e Sanxenxo (Pontevedra).

3) LAGOA E AREAL DE VALDOVIÑO – 485,23 ha., Valdoviño (A Coruña)

4) RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO – 3.025,27 ha., Cariño e Ortigueira (A Coruña).

5) RIA DE RIBADEO – 613,76 ha., Ribadeo e Trabada (Lugo).


No Anexo II, inclúese unha táboa coa tipoloxía dos humidais.

Como comentario final , deixar constancia, de que segundo a nosa opinión, o número de humidais protexidos é insuficiente en relación a os moitos espacios que deberían ter esta protección na nosa Comunidade. Esperamos e desexamos que non sexa unha lista pechada.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio