Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) “SEIRUGA” – (27 de xuño 2008)
Foi ingresada na UCI de Lobos Mariños e Tartarugas da SGHN-CEMMA en Ferrol, o venres 27 de xuño, a primeira hora da mañá.
Iníciase o proceso de recuperación, unha vez máis, dunha tartaruga mariña, especie moi ameazada en todo o mundo, que pasa un longo tempo da súa vida deambulando polo océano, ata alcanzar unha madurez sexual que lle permita reproducirse.
Nesa viaxe, aínda insuficientemente coñecido para a ciencia, chegan ata as costas de Galicia, rodeadas de medusas que comparten a súa ruta.
Esperamos que a recuperación deste pequeno animal se complete con éxito e chegue a bo fin como aconteceu coas outras tartarugas que pasaron polas nosas instalacións.
Nas primeiras vintecatro horas de estancia, conseguiuse que activase o seu metabolismo e que comera por si soa por vez primeira.
Etiquetas: UCI Tartarugas mariñas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio