30.3.09

NOVIDADE LEXISLATIVA: PORN Parque Natural da baixa Limia-Serra do Xurés


Decreto 64/2009 do 19 de febreiro – Plan de Ordenación dos recursos naturais do Parque Natural da baixa Limia-Serra do Xurés (PORN).

ENLACE:



PARQUE NATURAL:
O Decreto 29/1993 de 11 de febreiro declaraba Parque Natural á Baixa Limia-Serra do Xurés. Unha zona natural de 20.920 ha, repartidas entre os concellos de Entrimo, Lobios e Muiños e o seu plan reitor de uso e xestión aprobouse polo Decreto 155/1998 de 28 de maio.
REDE NATURA 2000:
Este espazo entra a formar parte da Rede Galega de Espazos Protexidos mediante Resolución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza do 30 de abril de 2004.
O Decreto 72/2004 declara á Baixa Limia como zona de especial protección dos valores naturais cunha superficie de 33.920 hc.
LIC DA REXIÓN BIOXEOGRÁFICA ATLÁNTICA:
O 15 de xaneiro de 2008 publicouse no Diario Oficial de la Unión Europea a Decisión 2008/23/CE da Comisión, do 12 de novembro de 2007, pola que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, unha primeira lista actualizada de lugares de importancia comunitaria (LIC) da rexión bioxeográfica atlántica (DOUE L 12, do 15 de xaneiro de 2008), entre os que se inclúe o LIC A Baixa Limia.
REDE MUNDIAL DE RESERVAS DA BIOSFERA:
A UNESCO conta cunha petición para que este espazo sexa incluído na Rede Mundial de Reservas da Biosfera que incluiría o parque portugués de Peneda do Gerês e a Baixa Limia-Serra do Xurés en Galicia, cunha superficie dunhas 260.000 ha.
NOVO PORN:
O ámbito de aplicación deste novo Plan de ordenación se estende ás 20.920 hectáreas e ás novas 8.842 hectáreas coas que nun futuro se pretende ampliar este espazo natural protexido.
O seu obxectivo principal é a conservación da biodiversidade a través do mantenemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo o mantemento das paisaxes, os medios ecolóxicos e os hábitats, así como a conexión das poboacións de fauna e flora silvestres.
---

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio