23.10.09

ÉRASE UNHA VEZ UN CONTO INHIBIDORES na Ría .... ¿ou non?

Todo empezou cun zunido lene, case imperceptible, pero constante. Estreouse sen que ninguén se dese conta do invento, porque xa se sabe cós humanos nos facemos a todo e de xeito especial ó ruído.
Agora, convencidos de que a poboación do núcleo central de Ferrol non se apercibiu da súa presenza, xa que non houbo protestas, nin sequera preguntas, instalouse definitivamente nas nosas vidas cun descaro cada vez máis abraiante.
O que inicialmente era diúrno, agora e permanente e o que primeiro era tímido agora é evidente, aínda que disfrazado de costume. ¿Qué é?. Non ten nome oficial, xa que non existe oficialmente. ¿De onde ven?. Do outro lado, en ondas que crecen e mingúan como se xiraran. ¿Onde é audible?. Quen o sabe, ¡se non se oe!, pero sospeitase que más alá do centro histórico da cidade.
Quen tivera un medidor de sons para avaliar con precisión a importancia desta emisión sonora que non deixa durmir a aqueles que son conscientes da súa presenza. Aínda que ¿quen pode asegurar que non sexa o causante da falta de descanso doutros moitos que son ignorantes de que existe?.
Toda a situación levou un proceso. Primeiro foi o desacougo, logo atopala resposta á molestia, ou sexa aprender a escoitalo ruído e finalmente, a pregunta: ¿Qué é e de onde ven?.


Mirando cara a el con oídos, as murallas nos contestan. Detrás delas está a resposta que ninguén dará. Temos atrevidas suposicións que teñen a forma de inhibidores para evitar supostos atentados... ¡Ai a nosa ría! Tan apetecible para o que quere facer o mal. O atrevemento, ou a fantasía quixo que vexáramos nun principio unha coincidencia do son coa presenza de certos barcos, antes de que as ondas fosen constantes e aínda máis fortes.
¡Ai a nosa ría!. Tan estragada. Tralos tanques da gasificadora o aire é moito máis irrespirable aínda. Case a pleno funcionamento, mentres os desafortunados veciños que alí levantaron as súas casas, cambian a vista da ría polos tanques ameazadores e por ese olor a carburante que o enche todo. Pero o zunido trala muralla, alí onde os impoñentes barcos descansan, vixía o conxunto.
Pregunta ¿A situación non é unha agresión ás xentes que viven neste conxunto humano con orixes ilustrados?.
Pero nada é delicto se non existe, se oficialmente non se lle da nome. Unha agresión invisible, que penetra no cerebro noite e día, pero que case ninguén coñece, non pode considerarse unha agresión.
Á espera que alguén descifre o misterio, tentaremos pechalos ollos e ignorar que o ruído existe para formar parte da maioría inocente. Quizá todo é efecto dos efluvios da gasificadora e toda esta historia sexa só un conto.
Y

------------

Etiquetas:

19.10.09

Curso e exposición de rastros - Museo da Fundación ORTEGALIA

Durante o pasado fin de semana, 17 e 18 de outubro de 2009, celebrouse o curso de identificación de pegadas, rastros e outros finais de animais terrestres, impartido polo responsable do “Museo da Natureza”, Juan Ignacio Díaz da Silva.
A exposición de rastros permanecerá no Museo da Fundación Ortegalia ata fin de ano.





Etiquetas: ,

13.10.09

O LOBO – Exposición de ADEGA en Lugo coa colaboración da SGHN


O lobo compañeiro, que viaxe con nós dende sempre
O lobo indómito, que non admite cancelas
O lobo sanitario, que libra o monte de cadáveres
O lobo conflictivo, que ataca animais domésticos cando non ten presas salvaxes
O lobo, derradeiro gran depredador que nos queda
O lobo, símbolo na nosa cultura
O lobo, personaxe dos nosos soños
O lobo, ameazado polo noso progreso sen límites


(texto impreso no folleto de presentación da exposición)



Organizada por ADEGA inaugurouse o día 8 de outubro no Pazo de San Marcos de Lugo (Deputación) a exposición “O Lobo, unha carreira pola supervivencia”, na que participan aportando a súa obra artistas e escritores.
O “Museo da Natureza” da SGHN colabora prestando a esta ocasión fondos biolóxicos relacionados co lobo, en concreto a súa pel, cranio e pegadas.
A exposición permanecerá aberta ata o día 25 de outubro, tentando facer un chamamento para garantir a conservación do noso rei do monte, que sobrevive a tantas ameazas que se cernen tanto sobre el como sobre o seu hábitat.





Etiquetas: ,

7.10.09

Exposición con fondos do "Museo da Natureza" da SGHN - Museo Ortegalia



EXPOSICIÓN:

"Rastrexar ou o arte de ver"

Fondos do "MUSEO DA NATUREZA" da SGHN


MUSEO ORTEGALIA

A partir do 20 de outubro

Etiquetas:

Curso "PEGADAS, RASTROS E SINAIS" - Fundación Ortegalia e SGHN

Curso:
Identificación de pegadas, rastro
e outros sinais
de animais terrestres
17 e 18 de Outubro de 2009

Impartido:
Juan Ignacio Díaz da Silva
Responsable do "Museo da Natureza"
da SGHN

Organiza:
Fundación Ortegalia

Colabora:
SGHN
Deputación de A Coruña

Etiquetas: