30.4.07

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - TONIÑA (Phocoena phocoena)


Varamentos na costa de A CORUÑA
TONIÑA (Phocoena phocoena)
---

Etiquetas:

ALEGACIÓNS realizadas pola SGHN á solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Megasa Siderúrgica S.L. - (26-abril-2006)

Etiquetas:

29.4.07

SOS-COUREL. Unha axuda para salvar un dos espacios máis valiosos da nosa terra.


Non hai máis que asomarse as imaxes aéreas de Google para apercibirse das profundas feridas que as explotacións mineiras deixan na natureza. Máis aprésa do que ésta soporta e aínda moito máis do que os romanos puideron facer en todos os séculos da súa dominación. Os bosques, a cuberta vexetal e ata os cumios desaparecen tralo paso das máquinas.
A Asociación SOS-Courel fai unha solicitude de axuda e apoio para as súas demandas ante a administración autonómica, a favor da conservación do Courel.
A urxencia ven dada ante a inminente legalización da canteira de “A Campa”, a documentación da cal obra en poder da Comisión Superior de Urbanismo. Dita canteira está situada en pleno espacio natural, moi preto do Río Lor e de poboacións como Folgoso de Courel, Valdomir, Vilamor, Frouxán e Santa Eufemia.



Unha mirada ao mapa do Courel, permítenos comprobar que existen tantas minas abertas como castros, senón máis. Explotacións que se van comendo o noso patrimonio natural.
SOS-Courel pídelle á Xunta de Galicia, entre outros puntos: Que declaren o Courel Parque Natural, incluíndo as cuncas dos ríos Lor, louzara, Selmo e Ferreiriño, librando este territorio de impactos e concesións incompatibles. A devolución á Rede Natura da cunca do Lor, incomprensiblemente descualificado no ano 2004, un corredor que une os Ancares e o Canón do Sil e por suposto a denegación da licencia a canteira de “A Campa” que está a traballar sen licencia municipal, nin autorización da Xunta e cunha orde de peche.
Nós apoiamos totalmente calquera iniciativa que trate de protexer un dos maiores tesouros de Galicia, a terra do Courel. Rexeitamos a existencia de explotacións mineiras a ceo descuberto en calquera zona de valor natural e deploramos que no caso que nos ocupa, xunto con Os Ancares, as proteccións sexan tan escasas por unha banda e que non se fagan cumprir por outra.
Para todos os que desexades poñervos en contacto con “SOS-Courel”, ben para aportar a vosa axuda ou para coñecer máis datos, podedes dirixirvos a:
soscourel@mundo-r.com
--

Etiquetas: ,

28.4.07

Carballeira de “MENÁNCARO” – (Novas – 28 abril – 2007)


(Artigo publicado no “Diario de Ferrol (28-04-2007)

Las agrupaciones aseguran que el proyecto incurre en numerosas "falsedades".

El contenido de los informes desfavorables, tanto de la Consellería de Medio Ambiente como de la Dirección Xeral de Urbanismo, constituye suficiente razón, a juicio de los colectivos que se oponen al plan de sectorización de Menáncaro, para que la Xunta actúe y evite el desarrollo de dicha iniciativa. No obstante, Piedade Viñas, de la Sociedade Galega de Historia Natural, además de asegurar que la Lei do Solo capacita a la administración autonómica a "corrixir os defectos" de una actuación de un Concello, afirmó que el propio plan no tiene en cuenta ciertos aspectos que vulneran tanto el PXOM como la normativa autonómica.
Entre éstas, indicó que en el plan se afirma que las masas de caducifolias se encuentran en la parte alta, zona en la que, según dijo, están los árboles más antiguos, mientras que omite que los ejemplares de más interés y mejor estructurados se hallan en la parte baja. Además, advirtió de que la mitad de la zona sobre la que se urbanizará tiene un importante peligro en caso de riada, ya que se trata de un espacio en el que los desbordamientos son periódicos.
Por otra parte, afirmó que las superficies tienen que ser homogéneas, extremo que considera Viñas que es imposible puesto que se trata de una zona con pendientes de entre 120 y 41 grados. A su juicio, la única solución pasaría por eliminar la superficie pendiente, "destruindo bosques autóctonos e ocupando zonas de inundación".

Presentarán recurso de reposición al plan de Menáncaro

Los colectivos que se oponen al plan de sectorización de Menáncaro ya han concretado la que será la primera de sus acciones tendentes a evitar el desarrollo de esta iniciativa urbanística. Así, representantes de las entidades anunciaron ayer en rueda de prensa que previsiblemente el día 11 presenten en el Concello un recurso de reposición contra el acuerdo plenario.

El acuerdo plenario del pasado viernes relativo a la aprobación definitiva, por parte del grupo de gobierno (PP e IF), del plan de sectorización de Menáncaro será objeto de un recurso de reposición. Así lo anunció ayer en rueda de prensa Ignacio Martínez, representante de la Comunidade Menáncaro, que informó de que esta iniciativa, que debe resolver el alcalde, se presentará con toda probabilidad el 11 de mayo. Pero, además, los colectivos que se oponen a la urbanización en esta zona y los afectados por la misma están recopilando información para presentar ante la Fiscalía, concretamente de Medio Ambiente, para que analice este caso.
De todos modos, esta última acción está supeditada a las acciones que esperan estas entidades que adopte la Xunta, a la que, como ya informó este mismo miércoles este diario, se le puso en conocimiento de toda la información al respecto en una reunión de los representantes de los principales colectivos locales con el secretario xeral de Presidencia, Gumersindo Guinarte.
Como explicó en rueda de prensa Ignacio Martínez -que estuvo acompañado por Carlos Outeio, de Adega; Piedade Viñas, de la SGHN, y Ramón Regueiro, vecino afectado por el plan de sectorización- Guinarte coincidió con estas agrupaciones a la hora de considerar que no es posible alegar silencio administrativo para dar el visto a la iniciativa urbanística, al tiempo que, según este representante, se comprometió a que, en base a la legislación vigente, no se permitirá ejecutar ningún tipo de intervención en la zona. Además, atendiendo a esta misma versión, indicó que en la actualidad los servicios jurídicos de la Xunta están analizando la información con vistas a que la administración autonómica dé una respuesta administrativa, política y, en su caso, judicial.
Martínez, por otra parte, recordó que la defensa de la fraga "non é nova" y, en este sentido, enumeró algunas de las iniciativas promovidas por entidades ecologistas desde 1999, cuando presentaron alegaciones a la modificación del Plan Xeral, al considerar que la carballeira no quedaba bien protegida. Además, destacó Martínez, asociaciones como Adega denunciaron en 2001 una tala que, a su juicio, era ilegal. Así, manifestó que "un propietario, o tenente de alcalde, talou un bosque de río por falsedades na autorización, xa que dixo que era para piñeiros e eucaliptos".
Para los representantes de los colectivos opositores al plan de sectorización, las afirmaciones del alcalde ferrolano asegurando que la urbanización no afectará a la fraga son falsas y, para ello, mostraron diferentes imágenes aéreas -una de 2002 y otra de 2005- en las que, según subrayaron, se demuestra, colocando sobre las mismas el plano de la promotora, Bros Noroeste, a la misma escala que la construcción de los 69 chalés y el hotel afectarán a la carballeira. "É falso que se vaia respectar", manifestó Martínez, que añadió que la zona en la que se pretenden construir los chalés se encuentra la parte boscosa de la carballeira.
Según estos colectivos, el alcalde "ou non sabe do que fala ou realmente está en campaña e non pode dicir outra cosa". "Minte descarademente", concluyeron
.

Etiquetas: ,

27.4.07

Ciclo de Conferencias "SUSTENTABILIDADE" - (Abril e Maio 2007)


“SEGURIDADE MARÍTIMAE TRÁFICO DE MERCADORÍAS PERIGOSAS.BIOINDICADORES DA CONTAMINACIÓN MARIÑA”

Relatores:

PAULINO GASALLA ALLER
Capitán da Mariña Mercante

LAURA CARQUIJERO LÓPEZ
(SGHN)
----

Etiquetas:

26.4.07

Moratoria para as explotacións mineiras a ceo aberto


Estes días podemos ler na prensa que trinta e nove organizacións ecoloxistas subscribiron unha declaración na que esixen unha moratoria na implantación de explotacións mineiras a ceo aberto en toda a Cordilleira Cantábrica.
A iniciativa partiu da “Plataforma para a defensa da Cordilleira Cantábrica” e pon o dedo nunha das feridas máis lesivas que pode sufrir a natureza. En poucos anos podemos observar como os releves coñecidos desaparecen ante os nosos ollos, como consecuencia da acción da actividade mineira, que non fai discriminación algunha á hora de iniciar unha destas explotacións a ceo descuberto.
Deixamos como exemplo as minas do Courel e as moitas espalladas pola Comunidade Asturiana, onde medran ata no corazón de ecosistemas frecuentados por animais emblemáticos e protexidos. Magníficos bosques, rotos polas máquinas que deixan un gran burato de pedra e terra espida, totalmente irrecuperable. Todo o noso apoio ante esta iniciativa de tentar poñer fin a esta situación.
-----

Etiquetas: ,

23.4.07

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol – (22 abril 2007)

Etiquetas:

22.4.07

Unha enganosa beleza – UNLLA DE GATO (Carpobrotus spp) – Abril 2007


Neste mes de Abril florecen as Unllas de gato, tamén chamadas Herba de coitelo, Figos de Hotentote, Unllas de León e Cura callos. Cunha intensa cor rosa-alilada que todo o mundo recoñece, enche o litoral dunha enganosa beleza, xa que se estende como unha alfombra velenosa, mesta e case impenetrable que non deixa lugar ás especies autóctonas de dunas de cantís.
A foto pertence á costa de Foz, pero podería corresponden a calquera parte de Galicia. As autoridades medioambientais, pese a recoñecer que a invasión de especies exóticas é unha das maiores causas da perda de biodiversidade, non atopan remedio efectivo contra esta planta que se apropiou da nosa costa co beneplácito dos seus habitantes, abraiados por esa indiscutible beleza, que tingue de cor a paisaxe.
O mellor método para a súa erradicación, o arrincado das plantas a man para evitala erosión do solo, non axuda tampouco á solución do problema.
Mentres tanto a Unlla de gato avanza imparable pola costa.

Etiquetas:

20.4.07

Ciclo de conferencias "SUSTENTABILIDADE" - (Abril e Maio 2007)


19 de Abril de 2007

REINDUSTRIALIZACIÓN DA COMARCA
E CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE. DESENVOLEMENTE SOSTIBLE.

Relatores:
JOSE LUIS BARCIA PICOS
Delegado Provincial de Industria
(Xunta de Galicia)

MARIA RAMOS SANZ
Enxeñeira de Montes
---

Etiquetas:

17.4.07

Plan de Xestión do Lobo de Galicia – ALEGACIÓNS da SGHN

A SGHN presentou as derradeiras alegacións ao “Plan de Xestión do Lobo de Galicia” o día 13 de outubro de 2006. O seu texto pódese ler neste blog na presentación adxunta. Temos que recordar o interese que a supervivencia deste animal, o máis emblemático da nosa fauna xunto có oso, tivo sempre para a SGHN, que xa no ano 1985 elaborou unha publicación dedicada integramente ao estudio do lobo e da súa problemática.

RESUME DAS ALEGACIÓNS:

1 – O proceso de exposición pública presenta defecto de forma.
2 – O documento non aporta (ou descoñece) información científica.
3 – O documento só contempla directrices de xestión referidas ó aproveitamento cinexético.
4 – Existen importantes discrepancias entre a avaliación de poboación feitas polos redactores do Plan e polo equipo de Felipe Bárcena, quen realizou os censos anteriores.
5 – Discrepancias cós “criterios de zonificación de distribución do lobo en Galicia” polos que se estableceron as categorías de densidade, baseándose nunha comparación coa densidade media en Castilla León.
6 – É un plan xestado para a caza do lobo.
7 – A realidade desminte a abondosidade de lobos.
8 – Nin a anterior Consellería de Medio Ambiente ni a actual Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible están a aplicar a recomendación feita polo Valedor do Pobo a partires dunha demanda de amparo feita pola SGHN no ano 2002.
9 – O “Plan de Xestión Caza do Lobo de Galicia” non garante que as concesións de “aproveitamento cinexético” se vaian facer con criterios científicos, obxectivos e rigurosos.

Etiquetas:

"Plan de Xestión do Lobo en Galicia" - ALEGACIÓNS da SGHN

Etiquetas:

16.4.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (15 de Abril de 2007)


Etiquetas:

15.4.07

Ciclo de conferencias "SUSTENTABILIDADE" - Abril e Maio 2007


13 de Abril de 2007

“FUNCIÓN PEDAGÓXICA E DIVULGATIVA DO ESTUDO DO MEDIO E DA SÚA PROTECCIÓN”

Relatores:
JUAN IGNACIO DÍAZ DA SILVA

Coordinador do “Museo da Natureza” (SGHN)

SONIA AGUIAR BEREA
Monitora Ambiental da “Aula de Ecoloxía Urbana”

Etiquetas:

13.4.07

Caza de focas - O diñeiro por riba de todo (Abril 2007)













A caza das focas está xa en marcha. Con fecha 12 de Abril podemos ler na web de medioambente http://www.ambientum.com/ unha noticia que nos relata a realidade desta masacre que o Goberno de Canadá chama “caza 98 por cento humanitaria”. Nela atopamos escenas como esta: “Los cazadores lograron darle alcance, la empalaron con el hakapik (bastón con garfio) y la arrastraron por el hielo hasta el bote y la lanzaron en una pila de 50 cadáveres. Un cazador agarró entonces un bastón y le rompió el cráneo”. “Otra foca bebé había sido malherida y fue, al igual que la anterior, arrastrada con el garfio por el hielo hasta ser lanzada a la pila de cadáveres. Los activistas observaron con horror como la foca intentaba escapar agonizante entre la pila de miembros de su grupo”. “Una foca herida, se movía mientras estaba siendo apuñalada con un garfio. El cazador agarró un palo de madera –herramienta prohibida por la ley- y le golpeó el cráneo”. “Otra foca fue malherida con un disparo, pero logró escapar en el agua, aunque, como afirman los observadores, las focas heridas acaban agonizando y muriendo desangradas sin formar parte de las estadísticas oficiales”.
Non queremos transcribindo estas liñas, crear morbo, ni tan sequera sensibilizar a ninguén, que xa non teña a sensibilidade con el. Esta é unha realidade que se repite en todas as matanzas do mundo, sexa quen sexa a vítima. Os que temos a sorte de non ten que presencialas, non por elo deberíamos cerrar os ollos ante o que os observadores nos transmiten. En matanzas de animais ou en aquelas de humanos, achegadas por corresponsais e medios humanitarios. O home precisa ver cos seus ollos o sangue alleo para apreciar a dor e no caso que nos ocupa, concienciarse de como a industria peleteira e os intereses económicos, que son os que están detrás de calquera destrución no mundo, abren o camiño para que o home amose de si mesmo a peor das imaxes.
Nós non temos imaxes propias que aportar destas matanzas, porque na SGHN tentamos recuperar aos lobos mariños que chegan as nosas costas, poñendo tempo, afecto e dedicación, así que tan só temos imaxes de vida, polo que tomamos prestadas unhas imaxes publicadas en “aaae-spaces-live-com”, “animanaturalis” e “20 minutos-es”, que non precisan aclaración.

Etiquetas: ,

10.4.07

O turismo mal entendido e a destrución (Abril 2007)


O pobo da foto chámase Pola de Somiedo. Nel atópase o Concello deste lugar privilexiado que non por ter recoñecementos suficientes, está libre de que se fagan barbaridades urbanísticas como as que se poden ver na instantánea. Este novo afán construtivo nesta terra, ten poucos anos de vida. Nos primeiros tempos, Pola respectou o estilo arquitectónico da montaña asturiana, pero foi a partir dos últimos cinco ou seis anos, cando empezaron a medrar grandes edificios destinados todos eles ao turismo. Non dubido que a calidade da construción sexa inmellorable, pero rompeu para sempre a personalidade do pobo. A isto temos que engadir que a apertura de moitos locais de ocio nocturno remataron o silencio das noites e a tranquilidade, e por outra banda trouxo outro tipo de “xente”, máis amante da botella que da montaña.
Este ano a desfeita se nos amosa desta guisa. As construcións chegan ao río. Un couce que non se respectou, como se pode apreciar na foto e se saltou a protección das marxes que marca a lei. ¡Mágoa das terras que se degradan!, porque son xa irrecuperables. Os que amamos Somiedo, pasamos xa por Pola como de puntillas e seguimos adiante, buscando os auténticos pobos somedanos, cheos de casiñas fermosas que conxugan o turismo e a beleza. As veces, a avaricia destrúe máis do que produce. Para que non nos quede esa mala imaxe do que non se debe facer na construción, deixamos outra da fermosura de Somiedo.



Etiquetas: ,

Visita ao "MUSEO DA NATUREZA" (2) - (Abril 2007)

Etiquetas:

9.4.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (8 de Abril de 2007)


Etiquetas:

2.4.07

REGASIFICADORA. Cando unha Ría morre


Dende o peirao de Curuxeiras, vese perfectamente a silueta redonda dos tanques do que vai ser a regasificadora de Ferrol.
En realidade, se bordeásemos a sufrida ría, case que estas instalacións vense dende todos os puntos, e onde non, se adiviñan. Quizais porque na mente de todos se evidencia que os efectos de calquera actividade que se realice nesta industria, van afectar aínda máis lonxe do que abrangue a vista.
Neste planeta, no noso País, na Comunidade Galega, están a tomarse cada día decisións erróneas, equivocadas, sobre a xestión do medio. Algunhas máis graves ca outras, pero a de decidir a construción dunha regasificadora de gas licuado na Ría de Ferrol é dun calibre difícil de superar, tanto que seguramente a maioría dos cidadáns aínda non nos decatamos do seu significado real e do seu alcance.
Pero, que esperábamos da historia da nosa cidade e da sorte desta ría maltratada e desatendida, que non mereceu nunca as falcatruadas recibidas. Moitos foron os que desexaron un “desenrolo económico”, obviando que o seu maior mérito é a propia beleza e o valor ecolóxico con que foi dotada e que entre todos fomos minando, así que o da gasificadora é a guinda do desastre para poñer o pastel na mesa.
Se a urbe mira a obra do home arrogante de fronte, a outra banda, que sobrevive tras os tanques, xa non ten que mirar. Adiviño os seus ollos atónitos vendo crecer as moles redondas diante das súas casas, esperando que fose un mal sono.
Esta é unha loita do diñeiro contra un entorno e unha forma de vivir. A un lado o poderoso, a o outro o pobo, que se manifesta para que todos entendamos que supón esta terminal na nosa Ría. Os danos medioambientais e os perigos, máis que hipotéticos, son probables e reais.
O único positivo desta situación é presenciar a todas esas persoas que pelexan co seu coñecemento e coa súa palabra para evitar que esta loucura siga adiante. Neste caso é verdadeiramente unha loita desigual, xa que son moitos os intereses en xogo. Ninguén, no seu xuízo quere unha regasificadora preto da súa “casa”. Nin os que loitan para impedilo, nin os que ignoran o tema, nin os que o propician. A última palabra é do que ten o poder de decisión, desexemos que tamén posúa bo xuízo.

Etiquetas: ,

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (1 Abril 2007)


Etiquetas:

1.4.07

TABEIRÓN ANGUÍA (Chlamydoselachus anguineus) – (31 marzo 2007)


O barco “Gonzacove uno” con base en Marín entregounos este Domingo un Tabeirón Anguía (Chlamydoselachus anguineus).
Son xa catro os exemplares que a SGHN e o seu “Museo da Natureza” posúe desta especie descuberta en 1884, unha quenlla primitiva, verdadeiro fósil vivinte, que vive nas zonas abisais.

Etiquetas:

Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) – (31 marzo 2007)



O día 31 de Marzo, a última hora da tarde, a CEMMA recibiu o aviso da aparición dunha Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) na praia de Vilarrube, onde foi recollida polos comunicadores que a levaron a o seu domicilio, dando aviso da presenza do animal.
Dende a SGHN de Ferrol, desprazámonos ata Cedeira para facernos cargo da Tartaruga que, lamentablemente, morreu momentos antes de que chegáramos.Trátase dun animal moi pequeno, de 24 centímetros de lonxitude e de apenas 870 gramos de peso, que non presentaba feridas externas e sí unha gran delgadeza.
Esta é a terceira Tartaruga Mariña Común que recollemos na UCI de Tartarugas da SGHN-Ferrol, dos de elas mortas e a terceira, LUME, en recuperación.

Etiquetas: