Plan de Xestión do Lobo de Galicia – ALEGACIÓNS da SGHN
RESUME DAS ALEGACIÓNS:
1 – O proceso de exposición pública presenta defecto de forma.2 – O documento non aporta (ou descoñece) información científica.
3 – O documento só contempla directrices de xestión referidas ó aproveitamento cinexético.
4 – Existen importantes discrepancias entre a avaliación de poboación feitas polos redactores do Plan e polo equipo de Felipe Bárcena, quen realizou os censos anteriores.
5 – Discrepancias cós “criterios de zonificación de distribución do lobo en Galicia” polos que se estableceron as categorías de densidade, baseándose nunha comparación coa densidade media en Castilla León.
6 – É un plan xestado para a caza do lobo.
7 – A realidade desminte a abondosidade de lobos.
8 – Nin a anterior Consellería de Medio Ambiente ni a actual Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible están a aplicar a recomendación feita polo Valedor do Pobo a partires dunha demanda de amparo feita pola SGHN no ano 2002.
9 – O “Plan de Xestión Caza do Lobo de Galicia” non garante que as concesións de “aproveitamento cinexético” se vaian facer con criterios científicos, obxectivos e rigurosos.
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio