Caza de focas - O diñeiro por riba de todo (Abril 2007)
Non queremos transcribindo estas liñas, crear morbo, ni tan sequera sensibilizar a ninguén, que xa non teña a sensibilidade con el. Esta é unha realidade que se repite en todas as matanzas do mundo, sexa quen sexa a vítima. Os que temos a sorte de non ten que presencialas, non por elo deberíamos cerrar os ollos ante o que os observadores nos transmiten. En matanzas de animais ou en aquelas de humanos, achegadas por corresponsais e medios humanitarios. O home precisa ver cos seus ollos o sangue alleo para apreciar a dor e no caso que nos ocupa, concienciarse de como a industria peleteira e os intereses económicos, que son os que están detrás de calquera destrución no mundo, abren o camiño para que o home amose de si mesmo a peor das imaxes.
Nós non temos imaxes propias que aportar destas matanzas, porque na SGHN tentamos recuperar aos lobos mariños que chegan as nosas costas, poñendo tempo, afecto e dedicación, así que tan só temos imaxes de vida, polo que tomamos prestadas unhas imaxes publicadas en “aaae-spaces-live-com”, “animanaturalis” e “20 minutos-es”, que non precisan aclaración.
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións, Medioambiente e ecoloxía
<< Inicio