31.3.07

SANGUE SOBRE O XEO – Canadá inicia a matanza de focas – (Abril 2007)


É moi probable que esta mesma semana comence a cacería de focas, que tristemente, ano tras ano se repite.
Canadá autorizou para 2007 unha cota de capturas de 270.000 animais na súa costa Atlántica. En 2006 foron cazadas 335.000 animais, entre focas de Capelo e Pía. Durante os tres últimos anos a cifra chegou a case un millón de focas. Os animais, segundo a lei, tan só poden ser sacrificados cando teñen 13 ou 14 días de vida e xa presentan a segunda pel, condición que nunha orxía de sangue, como poden imaxinarse, non se cumpre. Os animaliños de ata catro meses de idade, son golpeados na cabeza ata a súa morte, coidando que a súa valiosa pel non sufra. Animais que rara vez tratan de escapar, cousa por outra banda inútil. Moitos grupos ecoloxistas denuncian a esfoladura en vida, xa que coas présas por cubrir a cota establecida quítanlles a pelexa cando os animais seguen a respirar.
Estamos a falar dunha cacería que pode supoñer uns 15 millóns de euros de beneficio, baseado no sangue e no sufrimento de miles de animais.
Para este ano, o goberno de Canadá programou unhas 325.000 mortes, cantidade similar á do ano pasado, pero a evidencia do quentamento global, que se manifesta nunha redución dos xeos, fixo que moitos animais morreran ao pouco de nacer, a causa da diminución das placas de xeo, nas que as femias paren. As pequenas crías vense obrigadas a botarse ao mar antes de tempo, o que ocasiona unha gran mortalidade. Situación que obrigou aos canadenses a aceptar unha cota máis reducida na previsión de matanzas, pero aínda así extremadamente elevada e sempre cruenta.
Respostas políticas como as de Bélxica, que prohibiu a importación de produtos de foca e a do Reino Unido, a piques de facelo, axudarían a deter esta loucura, si se xeneralizasen as presións sobre aqueles países, como Canadá, que seguen a manter as matanzas.
A foquiña da foto, con moi poucos meses de vida, sobreviviu a aquel escenario de destrucción do 2006 e cruzou o Atlántico cara as nosas costas, onde atopou auxilio e coidados. Mirando eses bonitos ollos, non podemos deixar de pensar nos centos e centos de animais, coma este, envoltos no seu propio sangue e abatidos sobre o branco xeo. Pouco podemos facer nós para evitalo, pero si o poden facer os nosos gobernos, impedindo a importación de produtos e subprodutos procedentes de focas. Coa esperanza de que algún día os políticos españois se sumen a esta loita pola vida empezamos unha semana que nos encherá o corazón de tristeza.

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio