SOS-COUREL. Unha axuda para salvar un dos espacios máis valiosos da nosa terra.
A Asociación SOS-Courel fai unha solicitude de axuda e apoio para as súas demandas ante a administración autonómica, a favor da conservación do Courel.
A urxencia ven dada ante a inminente legalización da canteira de “A Campa”, a documentación da cal obra en poder da Comisión Superior de Urbanismo. Dita canteira está situada en pleno espacio natural, moi preto do Río Lor e de poboacións como Folgoso de Courel, Valdomir, Vilamor, Frouxán e Santa Eufemia.
SOS-Courel pídelle á Xunta de Galicia, entre outros puntos: Que declaren o Courel Parque Natural, incluíndo as cuncas dos ríos Lor, louzara, Selmo e Ferreiriño, librando este territorio de impactos e concesións incompatibles. A devolución á Rede Natura da cunca do Lor, incomprensiblemente descualificado no ano 2004, un corredor que une os Ancares e o Canón do Sil e por suposto a denegación da licencia a canteira de “A Campa” que está a traballar sen licencia municipal, nin autorización da Xunta e cunha orde de peche.
Nós apoiamos totalmente calquera iniciativa que trate de protexer un dos maiores tesouros de Galicia, a terra do Courel. Rexeitamos a existencia de explotacións mineiras a ceo descuberto en calquera zona de valor natural e deploramos que no caso que nos ocupa, xunto con Os Ancares, as proteccións sexan tan escasas por unha banda e que non se fagan cumprir por outra.
Para todos os que desexades poñervos en contacto con “SOS-Courel”, ben para aportar a vosa axuda ou para coñecer máis datos, podedes dirixirvos a: soscourel@mundo-r.com
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións, Medioambiente e ecoloxía
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio