Moratoria para as explotacións mineiras a ceo aberto
A iniciativa partiu da “Plataforma para a defensa da Cordilleira Cantábrica” e pon o dedo nunha das feridas máis lesivas que pode sufrir a natureza. En poucos anos podemos observar como os releves coñecidos desaparecen ante os nosos ollos, como consecuencia da acción da actividade mineira, que non fai discriminación algunha á hora de iniciar unha destas explotacións a ceo descuberto.
Deixamos como exemplo as minas do Courel e as moitas espalladas pola Comunidade Asturiana, onde medran ata no corazón de ecosistemas frecuentados por animais emblemáticos e protexidos. Magníficos bosques, rotos polas máquinas que deixan un gran burato de pedra e terra espida, totalmente irrecuperable. Todo o noso apoio ante esta iniciativa de tentar poñer fin a esta situación.
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións, Medioambiente e ecoloxía
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio