27.2.07

“MUSEO DA NATUREZA” – Novos fondos (27 febreiro 2007)

Cranio de RAIA
Raja clavata Linnéo, 1758.

Común en Galicia. Frecuente ata os 300 metros de profundidade, ben adaptadas á vida bentónica O esqueleto das raias é de cartilaxe. Posúe cranio forte e aplanado. O fociño de moitas raias mantense ríxido por mor da cartilaxe que chega ata a parte anterior do cranio. A boca esta situada na superficie ventral, posúe ringleiras de dentes en ámbalas dúas mandíbulas, compactos e puntiagudos.



Cranio de MARRAXO AZUL Isurus oxyrhinchus Rafinesque,1810.

Quenlla bastante frecuente nas costas galegas. Neste exemplar pódese entender as adaptacións evolutivas relacionadas coa alimentación, como a suspensión mandibular hiostílica, a mandíbula superior non esta unida ao cranio, Permitíndolle unha mordedura protráctil. A mandíbula inferior nestes animais, contrae os tecidos frontais, nos que se fixan as ringleiras de dentes, permitindo que estes impidan a saída da presa.

Etiquetas: ,

"MUSEO DA NATUREZA" - Novos fondos (27 febreiro 2007)


Esqueleto completo de RATA PARDA
Rattus norvegicus (Berkenhout,1769)

A rata parda penetrou en Europa , dende Asia no século XVIII. A máis grande do seu xénero. Corpo alongado e complexión robusta. O tamaño do rabo, moi groso, non supera a lonxitude do corpo mais a cabeza. Especie ben adaptada para correr, saltar, agatuñar e mergullarse. O cranio caracterizase por ter cristas fronto-parietais paralelas e rectilíneas. Arcos cigomáticos case paralelos.

Etiquetas:

25.2.07

Curso “RASTROS E SINAIS” – Sada (23 e 24 febreiro 2007)




Organizado pola Delegación da SGHN de As Mariñas, celebrouse en Sada un curso de “Rastros e Sinais”, complementado cunha saída ao encoro de Cecebre, o sábado día 24. O curso foi impartido polo Coordinador do “Museo da Natureza” da SGHN, Juan Ignacio Díaz d’a Silva.

Etiquetas:

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (25 febreiro 2007)


Etiquetas:

24.2.07

Lobo Mariño Cincento “CAMARIÑAS” (Halichoerus grypus) – Morreu o noso lobiño (22-febreiro-2007)




A nosa foquiña CAMARIÑAS morreu o mércores 22 de febreiro, despois de trinta e tres días de coidados. A evolución fora tan boa que nada facía pensar que escondera no seu pequeno corpo unha disfunción que le imposibilitaba regular a súa temperatura. Disfunción que se mantivo agochada ata que o animal se enfrontou a unhas condicións ambientais máis duras que as da UCI. Esperamos que a autopsia desvele a enfermidade que non puido superar.
Mentres estivo con nós amosou unha grande enerxía e forza. Despedímonos dun animal activo e con moito apetito que iniciaba una segunda fase de recuperación que lle serviría de adaptación cara a súa próxima liberación e catro días máis tarde volveu a nós cunha hipotermia aguda e un corpiño delgado, anoréxico, que deixaba ver todos os ósos baixo unha pel ausente de graxa protectora.
Non foi posible impedir que se lle fora a vida, nin con soro, auga quente, masaxes e o cariño de todos os que estivemos xunto del na UCI da SGHN.
A pesares de que somos conscientes de que non se pode loitar contra o irremediable, a boa evolución que presentaba fíxonos albergar esperanzas na súa recuperación e o súbito empeoramento e morte deixounos moi abatidos e desconcertados.
Este triste suceso non vai impedir que sigamos a acoller na UCI de Lobos Mariños a canto animal precise axuda, co mesmo ánimo de sempre. Esperaremos o resultado da autopsia que lle farán o veterinarios da CEMMA e tentaremos aprender para lograr un maior grao de éxitos no futuro.
Quixeramos deixar un pensamento final, que se refire ao paradoxo da nosa loita por sacar adiante a unha foquiña, mentres dentro de poucos días outros seres humanos lle quitarán a vida a máis de 300.000 animais de pouco tempo de vida. O contraste do noso sufrimento coas mans que se erguen para descargar o pao sobre o corpo indefenso. O sorprendente ser humano capaz dos mellores sentimentos e das peores acciones.

Etiquetas:

23.2.07

MATAR POR MATAR - NON – Matanza de raposos en Carballiño (19-febreriro-2007)




O día 18 de febreiro celebrouse en Carballiño un campionato de Caza do Raposo, que tiña previsto congregar preto de novecentos cazadores. E dicimos “celebrar” por dicir algo e chamámoslles “cazadores” porque hai que denominalos dalgún xeito. Por vez primeira, preto dunhas duascentas cincuenta persoas, coa conciencia limpa, se achegaron ata Carballiño, co fin de manifestar en primeiro lugar a súa repulsa a este tipo de actividades nos que se exalta a morte e a tentar frustrar dalgunha maneira as previsións de matanza de animais, que falaban de ata duascentas víctimas. Coa presencia constante no monte, facendo ruído para mobilizar a canto animal se movese polas inmediacións e por riba de todo co ánimo alto de quen está a ser o instrumento da xustiza, papel que verdadeiramente lle correspondería ás autoridades. Todos sabemos que fai falta valor para presenciar a noxenta actividade destes grupos humanos que non atopan outro valor na vida que entrar na casa doutro para destruílo. A casa de todos que é a natureza, apropiada por un grupo que decide cando poñer fin á vida de calquera ser. Os animais cazan, os homes matan, esa é a diferencia. Uns son cazadores, os outros matóns.
O valor se precisa para presenciar la inmoralidade con templanza e non poñerlle fin, ter a coraxe de estar aí e non intervir. Moitos de nós non temos esa facultade, pero outros que si a posúen acudiron a esa chamada pola vida e nos contan que recibiron insultos por defendela. Ao final da xornada foron sesenta e seis os raposos mortos, ante a impasibilidade das autoridades que se limitaron a controlar policial e veterinariamente o evento e da indiferencia da prensa que tan só veu a noticia que poñer nos diarios. Nembargante foi un xornalista enviado como correspondente a unha guerra e que presenciaba como os mortos xacían nas rúas mentres as xentes pasaban a súa veira sen inmutarse, o que dixo que “as víctimas son máis víctimas cando son invisibles”.

Etiquetas: ,

21.2.07

Alegacións ao Parque Empresarial de LEIXA

Febreiro de 2007 - Alegacións presentadas pola SGHN-Ferrol, ante a Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, ao Proxecto Sectorial e ao Estudio de Impacto Ambiental do PARQUE EMPRESARIAL DE SAN PEDRO DE LEIXA (Ferrol)

Etiquetas:

20.2.07

Lobo Mariño Cincento “CAMARIÑAS” (Halichoerus grypus) – Traslado ao Grove (17-febrero-2007)

O sábado, 17 de febreiro, CAMARIÑAS deixou a UCI para lobos mariños da SGHN, para iniciar a segunda fase de recuperación no Acuarium Galicia (O Grove). O seu coidador e o veterinario da CEMMA o acompañaron nesta aventura, procurándolle unha doada adaptación ao que será o seu novo hábitat durante o tempo suficiente para que alcance un peso axeitado cara a súa liberación.

Etiquetas:

19.2.07

QUIMERA ou Peixe rato (Hydrolagus mirabiles) – (19-febreiro-2007)




O “Museo da Natureza” da SGHN conta cun novo exemplar de peixe. Trátase dunha Quimera ou Peixe rato (Hydrolagus mirabiles), de 61 cm. de lonxitude, a maior parte correspondente a súa desmesurada cola. As quimeras son peixes cartilaxinosos e posúen unha estreita relación coas quenllas. Habitan augas profundas e teñen uns ollos enormes para ver nas tebras das augas abisais. Poderían considerarse como fósiles vivos, xa que teñen as mesmas características que aqueles atopados con máis de 150 millóns de anos.

Etiquetas: ,

18.2.07

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño común (Delphinus delphis)


Varamentos na costa de A Coruña
GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)

Etiquetas:

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (18-febreiro-2007)

Etiquetas:

17.2.07

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño Común (Delphinus delphis)


Varamentos na costa de Pontevedra
GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)

Etiquetas:

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño Común (Delphinus delphis)


Varamentos na costa de Pontevedra
GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)

Etiquetas:

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño Común (Delphinus delphis)


Varamentos na costa de Pontevedra
GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)

Etiquetas:

16.2.07

Lobo mariño cincento (Halichoerus grypus) "CAMARIÑAS" – Derradeiro día na UCI da SGHN (16-febreiro-2007)


Este é o derradeiro día que pasa con nós a foquiña CAMARIÑAS. A súa estancia na UCI da SGHN remata despois de vinteseis días de coidados. A partir de agora continuará a segunda fase de rehabilitación na piscina habilitada pola CEMMA no Acuarium de O Grove. Neste tempo tentarase co animal perda a inevitable socialización que tivo na UCI e recuperará o contacto coa auga de mar. O exercicio e a comida farán o resto, conseguir que alcance o peso necesario para ser liberada.

Etiquetas:

11.2.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (11-febreiro-2007)


Etiquetas:

8.2.07

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño común (Delphinus delphis)


Varamentos na costa de A Coruña
GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)

Etiquetas:

6.2.07

PONZOS - Ouro prata e verde

As imaxes amosan o entorno natural de PONZOS situado na costa galega (España). Un espazo aínda sen degradar, algo extraordinario nunha xeografía costeira habitualmente enchida de proxectos urbanísticos.
Toda a zona na que se atopa PONZOS está incluída na “Rede Natura 2000”, protección a nivel comunitario que inclúe aquelas zonas de especial interese natural e de protección para a fauna e flora que alí residan.
PONZOS é, sen dúbida, un dos poucos areais virxes que aínda se poden disfrutar na costa galega, lonxe de establecementos hostaleiros, vivendas ou calquera outra construción humana, coa excepción dos restos dunha vella mina de ouro que se explotou no pasado.
Neste lugar, que a fortuna fixo que permanecera intacto, preténdese instalar unha piscifactoría, que ocuparía uns 390.000 metros cadrados de superficie. O proxecto saíu á luz nos medios de comunicación. Oficialmente ninguén confirma nin desmente, pero mentres tanto unha negra nube pon a PONZOS en perigo.
Pola nosa banda pedimos que non se execute a condena, que PONZOS siga a ser esa costa virxe e valiosa por moito tempo. Que nin o ouro do pasado, nin a prata dos peixes acumulados a centos en depósitos de formigón , rompan coa liña verde recortada sobre o mar.

Etiquetas:

5.2.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (4-febreiro-2007)


Etiquetas:

4.2.07

Lobo mariño cincento (Halichoerus grypus) "CAMARIÑAS" – (04/02/2007)

O Lobo mariño cincento (Halichoerus grypus) "CAMARIÑAS", atopado na costa de Camariñas e recollido por membros da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) que pertenecen ao grupo de traballo da CEMMA (Coordinadora para o estudio dos mamíferos mariños), continúa su boa evolución despois do tratamento veterinario e os coidados e alimentación necesaria durante quince días, está a piques de ser trasladado a unha gran piscina donde o animal poda continuar a súa rehabilitación. No vídeo pódese ver a CAMARIÑAS nas instalacións da UCI da SGHN en Ferrol, na hora da comida.

Etiquetas:

2.2.07

Lobo mariño cincento (Halichoerus grypus) "CAMARIÑAS" - En recuperación - (2 febreiro 2007)


Na foto amosamos ao Lobo Mariño Cincento "CAMARIÑAS" no primeiro día en que se alimentou sen axuda, na UCI da SGHN-CEMMA de Ferrol.

Etiquetas: