O día 18 de febreiro celebrouse en Carballiño un campionato de Caza do Raposo, que tiña previsto congregar preto de novecentos cazadores. E dicimos “celebrar” por dicir algo e chamámoslles “cazadores” porque hai que denominalos dalgún xeito. Por vez primeira, preto dunhas duascentas cincuenta persoas, coa conciencia limpa, se achegaron ata Carballiño, co fin de manifestar en primeiro lugar a súa repulsa a este tipo de actividades nos que se exalta a morte e a tentar frustrar dalgunha maneira as previsións de matanza de animais, que falaban de ata duascentas víctimas. Coa presencia constante no monte, facendo ruído para mobilizar a canto animal se movese polas inmediacións e por riba de todo co ánimo alto de quen está a ser o instrumento da xustiza, papel que verdadeiramente lle correspondería ás autoridades. Todos sabemos que fai falta valor para presenciar a noxenta actividade destes grupos humanos que non atopan outro valor na vida que entrar na casa doutro para destruílo. A casa de todos que é a natureza, apropiada por un grupo que decide cando poñer fin á vida de calquera ser. Os animais cazan, os homes matan, esa é a diferencia. Uns son cazadores, os outros matóns.
O valor se precisa para presenciar la inmoralidade con templanza e non poñerlle fin, ter a coraxe de estar aí e non intervir. Moitos de nós non temos esa facultade, pero outros que si a posúen acudiron a esa chamada pola vida e nos contan que recibiron insultos por defendela. Ao final da xornada foron sesenta e seis os raposos mortos, ante a impasibilidade das autoridades que se limitaron a controlar policial e veterinariamente o evento e da indiferencia da prensa que tan só veu a noticia que poñer nos diarios. Nembargante foi un xornalista enviado como correspondente a unha guerra e que presenciaba como os mortos xacían nas rúas mentres as xentes pasaban a súa veira sen inmutarse, o que dixo que “as víctimas son máis víctimas cando son invisibles”.
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións, Medioambiente e ecoloxía
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio