6.2.07

PONZOS - Ouro prata e verde

As imaxes amosan o entorno natural de PONZOS situado na costa galega (España). Un espazo aínda sen degradar, algo extraordinario nunha xeografía costeira habitualmente enchida de proxectos urbanísticos.
Toda a zona na que se atopa PONZOS está incluída na “Rede Natura 2000”, protección a nivel comunitario que inclúe aquelas zonas de especial interese natural e de protección para a fauna e flora que alí residan.
PONZOS é, sen dúbida, un dos poucos areais virxes que aínda se poden disfrutar na costa galega, lonxe de establecementos hostaleiros, vivendas ou calquera outra construción humana, coa excepción dos restos dunha vella mina de ouro que se explotou no pasado.
Neste lugar, que a fortuna fixo que permanecera intacto, preténdese instalar unha piscifactoría, que ocuparía uns 390.000 metros cadrados de superficie. O proxecto saíu á luz nos medios de comunicación. Oficialmente ninguén confirma nin desmente, pero mentres tanto unha negra nube pon a PONZOS en perigo.
Pola nosa banda pedimos que non se execute a condena, que PONZOS siga a ser esa costa virxe e valiosa por moito tempo. Que nin o ouro do pasado, nin a prata dos peixes acumulados a centos en depósitos de formigón , rompan coa liña verde recortada sobre o mar.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio