24.9.09

¡BEN FEITO! – Revista Retranca – O mellor humor galego


A revista gráfica dirixida polo ilustrador Kiko Da Silva ten xa case dous anos de vida. Colaboran nela Manuel Rivas, Miguelanxo Prado, Luis Davila, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Kohell, Leandro, Andrés Meixide e Idígoras&Pachi e Mel (El Jueves) entre outros.
Aparece coa Santa Compaña como mascota e o lema "Lerasnos de morto se non nos les de vivo", percorrendo tódolos temas desde o punto de vista do humor cen por cen galego.
Un exemplo do bo facer desta revista é este cómic do gran debuxante Davila, publicado na colección retranqueira.

Blog da Revista Rentranca:

Etiquetas:

17.9.09

TINTOREIRA ou MARRAXO AZUL (Prionace glauca) – na praia de Combouzas (Arteixo)

Foi este mesmo verán e nunha praia do Mediterráneo, cando se avistou un Marraxo azul de similar tamaño a este que varou na praia de Combouzas o sábado 12 de setembro, cun areal aínda cheo de bañistas. Mesmo animal e diferente resposta da xente, xa que mentres en Vilanova prohibiuse o baño e puxéronse en alerta os equipos de salvamento e urxencias, na nosa praia pertencente ó concello de Arteixo, tanto bañistas como Protección Civil afanáronse en salvarlle a vida ó animal.
E o conseguiron no primeiro intento, introducindo no mar á quenlla que varara no areal. Cando chegamos á praia uns preocupados membros de PC e moitos dos bañistas que participaron no salvamento vixiaban a liña de marea, xa que a Tintoreira ameazaba con varar novamente.
Nas fotos vese como foron acontecendo os feitos. Finalmente a quenlla foi recollida nas rompentes e liberada fora da influencia delas. Ademais de membros de CEMMA y voluntarios da SGHN, participou de xeito especial Protección Civil, magníficos coma sempre tanto no seu servizo humano como na habilidade para manexar a zodiac en mar difícil e neste caso a colaboración de espontáneos que disfrutaban da praia.














Etiquetas: