26.1.09

NOVIDADE LEXISLATIVA: Plan de Xestión do Lobo en Galicia


Decreto 297/2008 de 30 de decemebro,

polo que se aproba o Plan de xestión do lobo en Galicia

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/32BA?OpenDocument


DOG nº 13 – 20 xaneiro 2009
Vixencia indefinida.
As futuras modificacións levaranse a cabo mediante decreto.
Entrada en vigor: Ós 20 días seguintes da súa publicación. (9 de marzo)

No Decreto 284/2001 de 11 de outubro (Regulamento de caza de Galicia), incluíase ó lobo entre as especies que se poden cazar no territorio de Galicia, autorizando a a súa caza despois de constatar a existencia de danos.
Desta actuación di o novo Decreto que “se ben soluciona certos problemas, non acaba de satisfacer tódolos sectores implicados” e cita como carencias “ a necesidade de axustar os controis do lobo a una planificación que garanta a conservación desta especie, a necesidade de aclarar o concepto de danos recorrentes, fomento e posta en valor do interese turístico e económico que pode presentar esta especie contribuíndo ao aumento da tolerancia do mundo rural, implantación e fomento de métodos de prevención, concesión de axudas para paliar os danos producidos polo lobo, recuperación do patrimonio cultural asociado ó lobo, coñecemento da realidade do lobo por parte da poboación e fomento da investigación e o estudo sobre a especie”.

A continuación engade a nova norma que este plan “pretende poñer fin ás carencias sinaladas, dando cumprimento ás recomendacións do Comité Permanente do Consello de Berna respecto á necesidade de xestionar a especie de acordo cun plan de manexo”.

Remata a exposición previa ó texto lexislativo recordando que o Plan de xestión do lobo se encadra no marco normativo da Lei 9/2001 de conservación da natureza que no seu artigo 1 establece normas encamiñadas á protección, conservación, restauración e mellora dos recursos naturais e á adecuada xestión dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.

Ofrecemos o enlace para acceder a unha norma lexislativa que tan só garantiza a protección do lobo nalgunhas areas de Galicia, pero non en todo o territorio e que aínda que no Capítulo II-punto 4 dí que a súa finalidade é garantir a viabilidade desta especie no noso territorio, no Capítulo IV-punto 10 engade que para a realización dos controis do lobo poderase contar coa colaboración das sociedades de caza.
Unha lei que alimenta e fomenta a caza máis que unha ferramenta de protección para o lobo.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio