Lobo Mariño “BARDA” (Halichoerus grypus) - (O primeiro do ano)
+-+1.jpg)
.jpg)
O sábado, 17 de xaneiro, apareceu “BARDA”, o primeiro Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) do ano. Buscou refuxio nunha das zonas máis salvaxes e recónditas da nosa costa, a enseada de A Barda, entre Ponteceso e Corme, preto xa da Punta Roncudo, onde comeza a Costa da Morte.A Garda Civil de Laxe a recolleu no areal, para facerlle máis doada a espera por nos, que viaxamos coa noite enriba para traela á UCI.
BARDA é un macho, escuro e suave, que baixou ata augas galegas e xa non soubo ou non puido voltar. Cansado e enfermo, acubillouse nas augas protexidas da enseada. Chegou, como noutros anos, nos primeiros días de xaneiro. Esperamos ter éxito nos coidados, sacar a este animal adiante e poder liberalo forte e sano para que poda ter outra posibilidade de vida.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas



0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio