O día 12 de Novembro o Tribunal Supremo de EEUU dictaminou que a súa Mariña de Guerra poderá utilizar novamente os sonares nos seus exercicios militares na costa do sur de California, considerando cós intereses da defensa nacional teñen que primar por riba das esixencias ambientais, no coñecemento, tras estudios da propia mariña, de que algunhas frecuencias de sonar provocan sordera temporal nos mamíferos mariños, desorientándoos e levándoos en moitos casos ata a costa, onde morren. Tralo proceso legal iniciado por grupos medioamientais, un tribunal federal californiano concluíu en agosto de 2007 que a utilización do sonar representaba un perigo irreversible para o medio ambiente, xa que as ondas do sonar poden danar ou matar a preto de trinta e sete especies de mamíferos mariños, incluíndo a balea azul e ordenou en xaneiro de 2008 ós militares ter en conta este perigo e reducir o nivel de frecuencia do sonar e apagalo por completo cando se detectara un mamífero mariño nun perímetro de dous quilómetros.
Na presente decisión de continuar as prácticas militares, interveu o presidente George W. Bush, firmando unha orde de excepción en beneficio dos militares e alegando que estes entrenamentos son de interese nacional e que unha situación de emerxencia lle permitía pasar por riba dunha decisión xudicial en materia de medio ambiente.
Segundo os argumentos do xuíz: “O peor dano posible sería prexudicar un número descoñecido de mamíferos mariños. En contraste, forzar á Mariña a despregar unha forza antisubmariños sen a adecuada preparación pon en perigo a seguridade da flota”, enchendo folios de derrota con esta decisión xudicial para a historia da defensa e protección dos cetáceos.
Este é o penúltimo agasallo que nos deixa George W. Bush. ----------
Etiquetas: MAMIFEROS MARIÑOS
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio