9.11.08

Tartaruga mariña “AMARO” (6-Novembro-2008)


Apareceu na praia de San Amaro, A Coruña. Foi recollida por vixiantes de medio ambiente e levada nun primer momento ó Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros. Ingresou na UCI da SGHN-CEMMA ás poucas horas.
Despois de recibir as primeiras atencións veterinarias, o animal se atopa en observación nun tanque acondicionado en tamaño, temperatura e salinidade para tartarugas mariñas.
Este novo inquilino da nosa UCI é un animal aínda pequeño, con trinta e un centímetros de lonxitudes e unha idade estimada duns cinco a sete anos.
Confiamos que, como nos anteriores casos, esta tartaruga poda recuperar a liberdade completamente recuperada, para o que poñeremos coma sempre os nosos esforzos.




Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio