26.12.08

Premio “LEFRE DE CALDERETA DE HONRA” á SGHN-Ferrol


A Asociación cultural “Lefre de Caldereta” outorgou o seu “Premio de honra 2008” por toda a súa traxectoria á SGHN de Ferrol e como apoio ás moitas dificultades que a nosa Asociación está a sufrir no canso camiño para a consecución dun “Museo da Natureza”.
Compartiremos o agasallo coa Asociación de Veciños “Val de Esmelle” polo seu proxecto de posta en valor do seu patrimonio cultural, que nesta ocasión recibe o “Lefre de Caldereta do ano”.
A Asociación “Lefre de Caldereta”, de ámbito autonómico e sen ánimo de lucro, naceu en decembro de 2005, co obxecto de apoiar e desenvolver todo tipo de actividades culturais.
Os seus estatutos recollen como fins, entre outros, os de promover a utilización e o coñecemento da lingua e cultura galegas, así como contribuír á creación e fomento dunha cultura ecolóxica, pacifista, non sexista, antirracista e tolerante na sociedade galega.
A entrega dos premios terá lugar o sábado día 27, no restaurante da Feria de Mostras.
Desde estas páxinas agradecemos a todos os membros da Asociación “Lefre de Caldereta” este premio, como mostra de afecto ó noso esforzo e traballo realizados, moitas veces de xeito tan similar ó de aqueles “Lefres” que polos escasos medios cos que contaban, levaban na caldereta o seu xantar.

-------

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio