O Domingo, 31 de agosto, volveu ó mar a Tartaruga VICENTE, despois de vintedous días de estancia na UCI da SGHN-CEMMA.
O fixo nun día manso de tempo e acolledor de mar, escollido para que o gran animal volvera ó seu medio nas mellores condicións posibles.
A aventura do seu tropezo cunha rede de miños a recolleron no programa de TVG “Criaturas”, que vai relatar na nova tempada a recuperación deste animal nas instalacións da SGHN e a súa relación cos humanos neste período de tempo.
A VICENTE o levou a corrente ata a Ría de Ortigueira e saíu cara a liberdade desde o porto de Ferrol, nun barco chamado “Amarelle”, que o levou alí onde o Golfo Ártabro se divisa como un único accidente na costa.
Deixando atrás o porto exterior, atopámonos co releve de Prioriño Grande, que resalta sobre o mar como se fose outra tartaruga xigante que se mete na auga para despedirnos. Á outra banda, a Punta do Segaño, repleta de gaivotas e de corvos mariños.
A case once millas desde que abandonáramos o porto, volveu a tocar o mar VICENTE, afundíndose rapidamente nas augas.
Etiquetas: UCI Tartarugas mariñas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio