27.8.08

Colaboración no dominical “NORDESIA” (Diario de Ferrol)


O Domingo, 24 de Agosto, publicouse a última colaboración da SGHN no dominical “Nordesía” do Diario de Ferrol, tal e como se viña facendo desde o 28 de marzo do ano 2004.
Nese tempo e dentro sempre dun esquema pactado en forma e espazo, cada domingo enchíase a páxina 6 do dominical con artigos que foron tocando moitos dos aspectos que relacionan ó home co medio.
Sempre tentando manter a dignidade de quen firmaba e da asociación á que pertence, seguindo en todo momento os principios polos que se rixe a SGHN.
Nada nos foi alleo nos nosos comentarios, porque no fondo todo o que atañe ó home é natureza, sendo como é este unha peza moi signficativa do total do universo.
Foi unha moi boa experiencia que nos enriqueceu e que como tódalas cousas que acontecen na natureza, ten o seu fin.
-------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio