11.8.08

“VICENTE” – Outra Tartaruga mariña (Caretta caretta) – (9 agosto 2008)

Fai uns días tansó, que deixou a UCI a Tartaruga “SEIRUGA”, recuperada nas instalacións de cuidados intensivos para focas e tartarugas que a SGHN posúe, en colaboración coa CEMMA, no marco do convenio coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta.
E este sábado, 9 de agosto, a unidado foi ocupada novamente por outra tartaruga da mesma especie (Caretta caretta). Este animal, que recibiu o nome de “VICENTE” por atoparse no canle de entrada á Ría de Ortigueira, preto da Illa de San Vicente é, con moita probabilidade, un dos exemplares máis agrande atopados en Galicia, xa que mediu 68 centímetros. Ata o momento o animal máis grande atendido na UCI foi “CAMPELO”, exemplar de 60 centímetros.
Envolta en redes de “Miños” foi recuperada de tal penosa compaña por uns mergulladores de Ortigueira, que puxeron o feito en coñecemento das autoridades. Ingresado na UCI ás 23:30 horas, non presenta feridas de importacia, se ben ten unha gran debilidade a causa do tempo que se mantivo enmallada. “VICENTE” manterase en observación, mentres recibe os coidados específicos.
Esperamos que este fermoso e gran animal, ó que lle calculamos máis de quince anos de idade, consiga saír adiante.





Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio