17.11.07

O ASASINATO DUN NAUFRAGO - ¿Periodismo digno? – (15 novembro 2007)


O Xoves, 15 de novembro, nun diario coñecido por todos na nosa comunidade, publicouse un artigo que non puido deixar de cualificar como infame. Podería poñer un enlace, pero me resisto a facelo, aínda que os recomendo que busquedes na rede polo pouco afortunado título de “Un jabalí pescado en Touriñán” e que procuredes léelo enteiro. Dito artigo vai precedido por unha reseña na portada, ámbolos dous, portada e interior con fotos en cores. Na da portada (menos mal que é pequena) vese a dous individuos nun bote escorado, manipulando o que parece un animal, nun mar de sangue e ten un pe que foto que explica a situación: “Cazan a cuchillo en aguas de Touriñán un jabalí que nadaba hacia tierra”.
En páxinas interiores vese a tres individuos cun xabaril pequeno xa dentro do bote, dos identificados polo propio periódico como Manuel García de Muxía e o seu amigo Pedro Silva, á sazón cazadores e o outro cun traxe de mergullador.
O artigo é un discurso de loanza para toda a acción que se está a realizar totalmente apoloxista do que ven a ser un delicto contra a lei de caza, xa que estamos a falar dun animal fora do seu ecosistema habitual en condicións extremas, que loita por salvar a súa vida. Teño que recordar agora as moitas ocasións que moitos de vos e de nos, pasamos por momentos difíciles para salvar a algún animal en situacións anómalas. Esta situación que a todos nos parece, desexable para a condición de humano, é nembargante inexistente na conduta ética de aqueles individuos, que aproveitan a debilidade dos outros para o seu beneficio. A Sociedade Galega de Historia Natural porá os feitos en coñecemento da autoridade correspondente para que sexan denunciados como corresponde, algo que non libera a nosa conciencia da vergoña que supón que nas páxinas de Galicia do diario de maior tirada da nosa comunidade se podan publicar noticias como esta.
Pouco máis se pode facer nunha sociedade que é capaz de non só negarlle a axuda a un animal náufrago, algo que deixa o camiño libre para crer que o comportamento sería o mesmo se fosen humanos os que pelexasen contras as olas nun mar frío de novembro e nos retrotrae a tempos de fame, nos que desde a costa se esperaba aos náufragos para rebarlles as súas pertenzas e rematalos logo.
Con todo é a actitude do periodista o máis rexeitable. Deixa nas súas liñas unha vía libre para que os demais vexan a súa conciencia con frases como esta: “Una vez descartada la opción del gancho, que estaba sirviendo para mantenerlo sujeto, los remos se perfilaron por un momento como la salida más factible. Pero enseguida fueron descartados habida cuenta de la potencia física del jabalí. Había que empezar a sopesar otras posibilidades técnicas para dar muerte al gorrino, ya que, de cualquier forma, su final era inevitable”.
Con esta ampulosa linguaxe, falta de sensibilidade, o señor Ventura Lado, que así se chama quen escribe o artigo, relata friamente a matanza dun animal perdido no mar. Remata dicindo que o resultado final son 31 quilogramos en canal.
Tentaremos publicar nas follas do “Nordesía”, na nosa colaboración habitual un texto de rexeitamento polo acontecido e por quen en lugar de facerse eco do delicto lo alaba, coa esperanza de que haxa enfronte máis persoas dignas que seres inanimados que tan só respectan a os da súa condición e familia. Texto: Yosy

Etiquetas: