27.11.07

DEBATE no PARLAMENTO DE GALICIA sobre o “PROXECTO DE LEI DE ORDENACIÓN DA MINERÍA DE GALICIA” – (27 novembro 2007)

A noticia sobre este debate chegou ao correo da SGHN procedente da Asociación “SOS Courel”, quen nun correo moi ben documentado, informábanos sobre o desenrolo desta futura Lei, que vai ser a primeira do Estado sobre esta materia, a nivel autonómico, e que tras a súa aprobación é moi posible que teña como consecuencia a modificación doutras leis como é a “Lei do solo”.
Os compañeiros de “SOS Courel” poñen o énfase na posibilidade de que esta Lei permita a implantación de actividades extractivas en solos especialmente protexidos, como espacios naturais, augas, costas, patrimonio, etc. O certo é que ata o momento seguen en trámite as concesións das canteiras do magnífico espacio natural do Caurel, un territorio que debera protexerse ante calquera agresión, especialmente as moi degradantes producidas pola minaría.
Outro perigo sinalado no comunicado é a posible declaración de “concelleiros mineiros” que afectaría especialmente a algúns concellos de Courel.
Ante estas preocupantes reflexións, seguiremos a evolución deste proxecto de Lei, coa esperanza e a preocupación de que, como ben di o comunicado, o Parlamento Galego tome a dianteira na defensa, non só do Courel, senón de todos os espacios galegos que deban ser protexidos.
------

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio