Se descoñece de quen partiu a iniciativa de ceibar castores no Río Ebro, no seu paso polas comunidades de A Rioja e Navarra. Descoñécese tamén de que especie se trata: a Castor canadensis ou a Castor fiber. Estamos a falar do segundo maior roedor do mundo, magnificamente dotado para vivir no medio acuático. Animais, que como xa manifestaron nun comunicado “Ecoloxistas en Acción”, entraron ilegalmente no noso país, carentes de permisos e certificados sanitarios e foron liberados nun lugar alleo a súa bioloxía, que xamais rexistrou poboacións de estes animais.Se repasamos as características dos castores, o primeiro que nos vai chamar a atención é a súa gran capacidade para alternar as zonas onde vive no seu beneficio. Acumulan troncos, pedras, lama e calquera outro residuo que lles permita facer o seu refuxio. Capaces de talar árbores en abundancia, para o que contan cuns incisivos, moi longos e de crecemento continuo durante toda a súa vida, e axudándose cos potentes músculos meseteiros.As árbores cortadas son transportadas durante longos tramos por medio de canais de ata un metro de profundidade e máis de un de anchura, que estes animais fabrican.Non é difícil imaxinar as nefastas consecuencias que a introducción destes animais terá no hábitat, variadas e que afectarán tanto á fauna autóctona existente, como á flora e ao propio ritmo natural do río.
------
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións, Medioambiente e ecoloxía
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio