15.12.07

Recollida de firmas polos DEREITOS DOS ANIMAIS e CONTRA AS CORRIDAS DE TOUROS – (Decembro 2007)


No Congreso dos Deputados o 18 de outubro de 2007, elaborouse un manifesto a favor do recoñecemento dos dereitos dos animais e a abolición das corridas de touros en España, cuxo texto reproducimos neste blog xa que cremos que todos os esforzos son poucos para conseguir que este sexa un país onde se respecten os dereitos de tódolos seres vivos.
Tedes máis información na páxina:
http://www.verdes.es/


e podedes firmar en apoio desta reivindicación, acudindo á páxina:
http://www.firmasonline.com/1Firmas/camp1.asp?C=982


OS DEREIROS DOS ANIMAIS – MANIFIESTO:

“Os animais foron considerados, ata agora, como obxecto o xoguetes, negándolles calquera semellanza con nos. Elo débese ao noso “fascismo” de especie, que concibe ao ser humano en guerra permanente de explotación e extermino por riba do resto dos seres vivos, converténdoos en inferiores a nos e representándoos como seres que non sofren.
O intento de crear unha xerarquía entre os seres vivos non só nos levou á separación radical entre animais e humanos, senón tamén a clasificar, de xeito excluinte, entre os mesmos seres humanos, por razón de xénero, etnia, clase social, ou discapacidade. E o que a conciencia e a ética ecolóxica planéanos é, precisamente, o contrario: que a cooperación da biodiversidade de especies é o que fai posible que a vida, e en concreto a da nosa especie, exista. Excluírnos e crear esta oposición entre especies é o que levou á crise ecolóxica e á posta en perigo da nosa propia subsistencia como individuos humanos. Non hai ningunha contradicción entre os intereses de subsistencia das especies entre si, senón só entre individuos dalgunhas especies.
Somos parte dun continuo biolóxico e evolutivo e, polo tanto, non existe ningún abismo ontolóxico entre a especie humana e as restantes especies. Se consideramos que a natureza, toda, incluídos os animais, está aí como cosa dispoñible, para que fagamos con ela o que a o noso capricho se lle antolle, entón asentámonos por riba da base ideolóxica que conduciu á crise ecolóxica do planeta. Non se pode pensar que existe un abismo insuperable entre animalidade e humanidade. Non se pode negar a fraternidade entre humanos e o resto da comunidade biótica. Os seres vivos que nos acompañan na nosa aventura, no planeta Terra, teñen dereito a existir e a facelo dignamente. A crise ecolóxica amosounos ata que nivel a coexistencia solidaria de tódalas especies é un requisito fundamental para a nosa propia supervivencia, en harmonía. É a separación radical entre os seres humanos e os animais o que conduciu ao calello sen saída do cambio climático, a extinción masiva de especies ou a feroz destrucción de bosques e espazos naturais. A ética ecolóxica ábrenos unha nova visión da dor e do sufrimento, que permaneceu pechada durante moito tempo, para gran parte da humanidade. Os animais senten e sofren e, por elo, teñen que ser suxeitos de dereitos.
A gran diferencia que introduce o recoñecemento destes dereitos, con respecto á loita común polos dereitos humanos, é que amplía a nosa comunidade moral e xera unha nova fraternidade indo máis aló dos límites da nosa especie. Este é o reto do novo cosmopolitismo. Unha nova fraternidade é necesaria para abordar os retos da sociedade do futuro. E nesa nova fraternidade globalizada, o respecto e recoñecemento dos dereitos dos animais ten que xogar un papel central. A introducción dos seres vivos na comunidade moral dos dereitos supón un signo máis de civilización, seguindo a tendencia a expandir o núcleo orixinal dos dereitos. Moitos non comprenden esta proposta, pero tamén moitos non comprendían aos abolicionistas da escravitude, ou á sufraxistas do movemento feminista.
En España, o baleiro legal no recoñecemento dos dereitos dos animais é tan amplo como o conxunto de prácticas rituais e industriais que implican morte, tortura e maltrato animal. Lanzar cabras desde campanarios; acender bolas de fogo nos cornos dos touros, ata a súa desesperación, o alancealos durante horas ata a morte; colgar a galgos polo pescozo, deixando que rocen o solo cos pes, para prolongar a súa agonía; pelexas de galos o amoreamento de animais para o comercio, son só uns poucos exemplos das crueis prácticas da nosa sociedade e tamén da nosa “cultura”; as festas “populares” españolas.
Mención aparte merece a mal chamada “Festa nacional”. As corridas de touros son unha representación cruel e violenta –que implica o maltrato público, a morte e tortura dun mamífero, convertida en espectáculo- , polo que debe desaparecer do horizonte do ético e legalmente aceptable no noso pais. Ningunha sensibilidade minimamente progresista e compasiva pode disfrutar coa tortura pública dun animal.
É inadmisible intentar lexitimar esta práctica, con argumentos como a tradición ou o estético, nunha sociedade moderna, pluralista e democrática. Ninguén, en ningunha outra situación, admitiría có pracer estético ou a tradición son fontes de lexitimación de accións que danan gravemente a outro. Polo que tampouco é admisible que, con estes “argumentos”, se tente xustificar o dano a un animal. Nin a tradición nin o arte lexitiman moralmente. Como tampouco o fai o pretexto de conservar ao “touro bravo”. Os touros bravos non son unha especie, ao sumo son unha raza, e poden conservarse, como outras moitas razas e especies, sen necesidade de maltratalas. A biodiversidade non depende da tauromaquia, senón de políticas sostibles efectivas.
Por todo elo, firmamos, hoxe aquí, no Congreso dos Deputados de España, que as Corridas de Touros deben ser abolidas e que nin un só euro das administracións públicas destinarase á promoción de ditos espectáculos; xa que, en España, non haberá unha auténtica cultura de respecto e protección dos dereitos dos animais, ata que non se peche a derradeira praza de touros.
A simple lexislación autonómica na actualidade é moi desigual e claramente insuficiente. Polo tanto, é necesaria unha lexislación estatal básica, que implique o recoñecemento dos dereitos dos animais e a súa efectiva protección, mediante a vía penal e administrativa. A máis que previsible futura reforma da Constitución debera seguir a senda aberta pola constitución alemana, e outorgar rango constitucional a os dereitos dos animais. O recoñecemento dos mesmos constitúe un signo de humanización e civilización que alcanza unha sociedade. Polo tanto, a ampliación da protección dos dereitos, a individuos non humanos, convértese nun indicador da madurez e calidade de calquera sistema democrático.
Por elo, as persoas e grupos que subscribimos este manifesto solicitamos, hoxe e aquí, no Congreso dos Deputados, casa do pobo e sede da soberanía popular, as seguintes reformas:
1 – Aprobación dunha lei estatal de recoñecemento e protección dos dereitos dos animais.
2 – Reforma do Código Penal, na que se tipifique como delicto a morte inxustificada, a tortura e o maltrato animal.
3 – Abolición de todo tipo de espectáculos o rituais que supoñan o maltrato, morte e tortura de animais.
4 – Recoñecemento, no marco da Constitución Española, dos dereitos dos animais.
Madrid, 18 de outubro de 2007
Congreso dos Deputados.”

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio