22.2.06

“BURGO” – Evolución (22/02/06)





Aos tres días de chegar o animal amosa un cambio significativo. As defecacións son normais e acepta xa das nosas mans a comida. BURGO é un lobiño algo diferente. Moi sensible a canto lle rodea e cun temperamento tímido e medorento. Repetimos os mesmos movementos cada día e elo faille sentirse cómodo. Se achega ao coidador e lle hule. Non amosa agresividade en absoluto, máis ben todo o contrario, como se buscase o contacto con nós. É un lobiño mequeiro e medroso. Tal é así que calquera novidade pode alterar a súa conducta e ata a súa saúde. Sucedeu que cando tentamos pesalo de novo para pescudar se efectivamente gañara peso, púxose tan nervioso que se mexou nos brazos do coidador e tan pronto tocou novamente o solo, foise a agochar a unha esquina, coa cara contra a parede, xa non quixo comer e volveu a ter as feces algo descompostas.
Con paciencia e cariño tentamos que volvera a termos confianza e para elo houbo que empezar de cero, con alimentación forzada entre dous coidadores. Pouco a pouco recuperamos o gañado e dende ese momento decidimos que no sucesivo estimaríamos o seu peso.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio