Lobo Mariño (Halichoerus grypus) "BOTES" – Liberado en alta mar
Nestes últimos días BOTES, o Lobo Mariño Cincento que aínda permanecía en recuperación, foi liberado en alta mar. Embarcou en Marín, no barco “Ferreira Martínez”, xunto a unha tripulación acostumada á presenza de foquiñas e que sen a súa colaboración non se culminaría todo este proxecto de atención e coidados, que fan posible, ao final do camiño, a recuperación con éxito dunha pequena foquiña.Cando chegou xunto a nos era un animal desnutrido e ferido, nada que ver co animal que volveu ao mar, como se pode ver na foto.
O labor da SGHN, colaborando coa CEMMA nesta tarefa de recuperación de focas e tartarugas, aínda que non sempre fácil, nos enche de satisfacción. Quixéramos máis axudas e máis facilidades das administracións, pero a ausencia delas non nos impide afrontar o coidado de cada un dos animais que chegan ata nos.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas



0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio