17.3.08

PUBLICADO EN – "Regasificadora da Ría de Ferrol - ALBANIA: depósitos de sustancias perigosas preto de zonas habitadas".

ALBANIA
DE LUTO





"Cremos que xa sabedes todos a desgraza ocorrida en Gerdec (Albania) onde un depósito de municións situado nesta vila e rodeado de vivendas habitadas, explotou ao mediodía de onte.
Os nosos maiores recordarán a explosión do polvorín de Caranza, aquí en Ferrol a comezos dos anos 40. O réxime de Franco retirou desta zona a polvorín e trasladouno á cima dos montes de Chamorro. Agora, 60 anos despois, e debido a uns políticos incompetentes volvemos á prehistoria pondo en perigo a miles de cidadáns sen que, ao parecer, preocúpelle a ningunha institución oficial. Esperemos que non haxa que pedir responsabilidades.
As municións concentradas no polvorín albanés poderían ser a metade das 100.000 toneladas acumuladas en toda Albania polo réxime comunista. Ante o desexo de Albania de entrar na OTAN este organismo pediu ao goberno de Tirana que concentrase estas municións en Gerec para a súa desactivación. Aquí en Ferrol a Planta de gas licuado concentra nun mesmo lugar 150.000 toneladas de gas licuado e rodeado de vivendas habitadas a unha distancia de apenas 100 m. A ría de Ferrol concentra unha poboación agrupada duns 130.000 cidadáns. Segundo o falecido xeral Gabeiras, este depósito de gas licuado ofrece un obxectivo puntual bélico e para o terrorismo. A OTAN tamén é coñecedor desta circunstancia pois o Comité Cidadán envioulle varias cartas de alerta. O goberno español daquel momento era do PP e responsable dos "permisos" múltiples que ten a planta (tal como di o conselleiro de industria da Xunta).
En Albania a herdanza do réxime comunista provocou esta desgraza xunto coa incompetencia da OTAN de non prever a posibilidade dunha explosión. En Ferrol temos outra herdanza que nos deixou o PP (Reganosa) e co consentimento do PSOE, BNG e OTAN.


Os dous tanques almacén de gas natural licuado (GNL) da Regasificadora da Ría de Ferrol teñen unha dimensión de 70 metros de diámetro e 42 metros de altura. Na fotografía se representa o tamaño dun tanque en comparación cos bloques de edificios que rodean a praza de touros".
Publicado en http://www.f-cape.org/
Colectivo universitario opositor a planta de gas (GNL) da ría de Ferrol

O Colectivo opositor á Planta de Gas adxunta unha fotografía dunha praza de toros, para apreciar as dimensións de cada un dos tanques almacén de gas licuados instalados na nosa ría. Unha moi boa comparación, dúas desgraciadas construcións co mesmo tamaño e mesmo contido.
----------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio