¡ARTE ou LOUCURA!. ¿Quén matou a NATIVIDAD?
Para a próxima Bienal Centroamericana Honduras 2008, organizada por Empresarios polo Arte, no que participan artistas seleccionados por xurados de diferentes países, como Colombia, México e Ecuador, artistas escollidos en base a súa obra de calidade e coherencia entre ideas e execución, incluíse quen di chamarse “Guillermo Habacuc” e que conseguiu o pase a este evento por unha exposición na que permitiu que un can morrese de fame para o seu lucimento .
O canciño chamábase Natividad e morreu triste e lentamente á vista de todos os homes famentos de abanderar o progresismo de algo, sexa o que sexa, nun sacrificio co nome de Arte.
Aqueles, que nos adicamos, profesional o naturalmente a debuxar a natureza, coas mans, con lápices, con pinceis, co traballo diario... Que pintamos a beleza, a vida e a morte, creemos que o ARTE é outra cousa, xa que si o que quería o autor era espremer o noso corazón, eso xa o fan as miserias humanas cada día e non se chama arte, senón miseria.
Existe un video en “You tube” e existe unha organización que recolle firmas para que este individuo deixe de chamarse artista e por riba de todo, non participe na Bienal Honduras 2008, cunha nova representación do “Eres o que lees” que incluiría outro canciño sacrificado. Tristemente, a estas alturas da existencia humana, aínda temos que loitar para evitar cousas semellantes, temos que xuntar as manos para impedir o que non tiña que nacer sequera. ¿Como é posible que as autoridades permitiran semellante espectáculo?.
ENLACE:
http://www.petitiononline.com/13031953/petition.html
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións, Exposicións itinerantes
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio