Presentación en Ferrol de “La Caixa a favor del Mar” – 25 marzo 2008
Este martes, presentouse no peirao de Curuxeiras o Programa de Medio Ambiente da Obra Social “La Caixa”, cunha campaña cetolóxica: “A ruta do IBERO 2008”, que propón a elaboración do mapa acústico de gran parte da Península Ibérica. Un traballo a realizar entre os meses de xaneiro a xullo deste ano, dirixido polo doutor Michael André e que conta coa participación dos investigadores locais das ONGs e centros de investigación daqueles puntos polos que transcorre a ruta, no caso de Galicia, a CEMMA (Coordinadora para o estudio dos Mamíferos Mariños).Esta campaña proporcionará unha serie de datos científicos que complementan os que aporta a CEMMA á Consellería de Medio Ambiente da Xunta, coa finalidade de establecer criterios de protección de cada unha das zonas de interese.
Así mesmo o veleiro hospital IBERO poderá ser utilizado para diversas accións de recuperación da fauna mariña, tanto para procedementos de diagnóstico e terapéuticos, como para plataforma de liberación de exemplares en recuperación.
O planeamento do traballo de investigación en Galicia correrá a cargo do presidente da CEMMA, o doutor Alfredo López. Ao acto de Ferrol, participaron Josep María Alonso, veterinario da CEMMA e Juan Ignacio Díaz da Silva, Delegado da SGHN en Ferrol e responsable do grupo de traballo da zona norte da CEMMA, ademais das autoridades locais e directivas de “La Caixa”.
Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía



0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio