19.3.08

XORNADAS: "Agrocombustibles a debate" - (4, 11, 18 e 25 de Abril de 2008)

XORNADAS

SOBRE

AGROCOMBUSTIBEIS.

Ferrol,

4, 11, 18 e 25

de abril

de 2008.

Salón de Actos do Vicerreitorado

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Campus de Esteiro - FERROL

Solicitado 1 crédito de libre configuración

e Ateneo Ferrolán

INSCRIPCIÓN:

Sede da SGHN

(Méndez Núñez, 11 - Ferrol)

sghnferrol@teleline.es



PROGRAMA:

1ª xornada, 4 de abril.

6,00 h: José Santamarta Flórez (director de la revista World Watch).

19:00 h: Miguel Angel García Guerrero (Catedrático de Bioquímica y Biología Molecular de la Universidad de Sevilla).

Coloquio.

2ª xornada, 11 de abril. (Esta segunda xornada se celebrará no Ateneo Ferrolán)

18 h: Lidia Senra Rodríguez (Sindicato Labrego Galego, coordinadora europea de Vía Campesina, labrega, ecoloxista e feminista) - "Os cultivos agroenerxéticos e a súa relación coa soberanía e a seguridade alimentarias".

19 h: Luis Costal Andrade (Enxeñeiro agrónomo e Técnico da Dirección Xeral de investigación agroforestal) - "O papel da agricultura galega na produción de biocarburantes".

20 h: Coloquio.

3ª xornada, 18 de abril. (No salón de actos do Vicerreitorado)

18:00 h: Antonio Dorado (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia) - "Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas".

18:45 h: Tom Kucharz (Xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción) - "Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico".

19:30 h: Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra) - "Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis".

20 h: Coloquio.

4ª xornada, 25 de abril (no salón de actos do Vicerreitorado)

18 h: Audiovisual 1

19 h: Audiovisual 2

20 h: Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.

* * *

A actual situación de crise enerxética e ambiental obriga a unha reestruturación de todo o sistema económico e, por tanto, político e social, tomándose para iso medidas como a substitución de enerxías baseadas en combustibeis fósiles por renovables que, en principio, semellan aceptabeis, pero que, se non se levan adiante análises serias sobre as súas repercusións, poden acarrexar consecuencias imprevisibeis, e ás veces fatais para o futuro da humanidade.

Aínda que a crise fora xa anunciada por persoas do ámbito científico e ambientalista dende hai mais de dúas décadas, non se tomaron as medidas precisas e no momento actual os problemas acadan unha envergadura desmesurada e afectan a moi diversos ámbitos: escaseza e carestía de combustibles, contaminación, quentamento global, seguridade alimentaria, desaparición de acuíferos, que nalgúns casos abastecen importantísimas zonas de produción cerealística, etc.

Neste contexto córrese o risco de tomar medidas precipitadas sen analizar todas as posibles consecuencias que orixinarían. Por outra banda, existe o risco da aparición de certos lobbys asociados a grupos empresariais coa única finalidade de sacar beneficios económicos a esta situación, sen considerar as posibles consecuencias negativas das súas operacións.

A Mesa “Agrocombustibeis a debate” formouse hai xa mais de tres meses co obxectivo de analizar esta problemática, utilizando como método o estudo con base bibliográfica, o debate e a toma de posturas consensuadas, co obxectivo de proporcionar información á cidadanía e denunciar aqueles casos nos que se infrinxa dano ao medio ambiente ou á seguridade alimentaria das persoas.

Co mesmo obxectivo formativo vímonos na necesidade de abrirse a novos colectivos, promovendo un debate social a partir dunhas xornadas impartidas por persoas cualificadas e con profundo coñecemento das custións que o problema plantexa: seguridade alimentaria, danos medioambientais, balance final dende o punto de vista enerxético do emprego de agrocombustibeis, posibilidades produtivas para Galiza, mantemento e agudización das desigualdades nos intercambios comerciais entre países, etc.
--------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio