28.7.06

Novas do Museo da Natureza

Novas do Museo da Natureza

No que levamos de tempada de verano o Museo da Natureza continúa incrementando o número de visitas, nestes momentos supera xa os trescentos, e especialmente nos días en que o tempo esta nubrado as visitas aumentan.
Tódolos días achéganse ao noso Museo visitantes que o coñecen por distintas fontes, moitas veces dirixidos dende a caseta de información e turismo do concello de Ferrol, onde se lle proporciona ao turista un tríptico informativo, pero tamén a través da paxina Web da Sociedade Galega de Historia Natural www sghn.org e varias paxinas de tur-operadores, ademais das axendas da prensa local.
Con frecuencia os turistas nos felicitan polos contidos expostos, aínda que lles chama moito a atención o deterioro do edificio e a falta de medios ou axudas, No interior do museo sorprende o grande número de pezas expostas nunha sala tan pequena, No noso museo está ben representada a biodiversidade galega. Lles atrae en especial a lura xigante, exposta nunha gran urna de metacrilato. Observan con curiosidade a colección de cranios de cetáceos e preguntan se tódolos animais apareceron por aquí, tamén lles sorprenden as técnicas de conservación, sobre todo a dermoplastia (maquetas de animais a tamaño natural realizadas a partires de moldes do seu propio corpo) e fan preguntas de como é posible reproducir un Caldeirón Común (Globicephala melas) de 4.30 metros ou unha Tartaruga de Coiro (Dermochelys coriacea). Se interesan tamén polos montaxes de esqueletos, facéndonos preguntas sobre como se reconstrúe unha pitón sen perder a orden das pequenas costelas.
O museo posúe coleccións de aves, peixes, cunchas, minerais e unha peculiar colección de rastros e sinais. Dende a entidade ofrécese información a aqueles que o soliciten dos espacio naturais do concello e bisbarra de Ferrol xa que moitos dos visitantes que veñen a coñecer o noso concello escapan das praias masificadas e valoran máis aquelas que teñen un aspecto natural, sen que sufriran aínda a ordenación turística.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio