11.8.06

SEIXO evoluciona favorablemente




Tras doce días de coidados a Foca de Capelo “SEIXO” evoluciona moi favorablemente. Permanece no recinto da UCI a unha temperatura que non excede dos 16 graos, a máis próxima posible, tendo en conta a época do ano e a latitude na que nos atopamos, ás necesidades biolóxicas desta especie. Lle procuramos unha presencia abundante de auga, mollándolle a pel con frecuencia e mantendo un recipiente cheo de líquido para que a vontade poda introducirse nel, algo que fai repetidas veces ao longo do día. O alimento consiste en uns 2,6 quilos de xardas cada día, sen dúbida un peixe polo que sinte preferencia, repartidos en tres comidas, que cada xornada que transcorre espera con máis impaciencia. Xa non precisa medicamentos, mantemos tan só un complexo vitamínico. Nestes momentos buscamos un barco que leve a nosa amiga ata a liberdade. O primeiro intento, fixado para o venres, 11 de agosto, fallounos. Era a derradeira oportunidade de enviar a Seixo ata augas preto de Groelandia. Nestes momentos se tenta conseguir outro navío, esta vez rumbo ao norte de Escocia, dende onde podería retomar a ruta cara a os xeos do norte.
SEIXO é un magnífico animal que crece por momentos. Sequiña, como un moneco, ou mollada, sempre destacan os seus preciosos ollos, como se pode ver nas fotos.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio