9.8.06

Unha bolboreta especial (Stauropus fagi)


O día 9 de Agosto, recibimos na Sociedade Galega de Historia Natural unha eiruga da bolboreta Stauropus fagi recollida por unha visitante en Brión (Ferrol). Dado o interese que suscita, decidimos criala. Alimentamos a eiruga con follas de falla, a pesar de non ser esta unha das plantas nutricias sinaladas, pero se decide adoptar este alimento xa que nos indican que foi atopada nesta árbore. O alimento da bos resultados e a eiruga, pasados quince días converteuse en crisálida.
Trátase dunha bolboreta non moi común, que de adulta non resulta excesivamente rechamante, en comparación coa eiruga, que presenta varias características moi curiosas, en primeiro lugar o aspecto da eiruga é o mesmo durante o seu crecemento o cal é estraño, xa que o aspecto da maioría de eirugas varía dende o primeiro ao derradeiro estadio. A segunda característica é que, no extremo do abdome, presenta un apéndice bífido que non é nin aguillón nin terrible tenaza, senón un par de patas modificadas. Tamén é destacable a extraordinaria voracidade deste notodontido que nos últimos estadios consome case unha folla de pradairo ao día.
A crisálida atópase agora invernando e se todo sae ben é probable que o ano que ben no mes de Maio ou Xullo, poidamos relatar a eclosión do adulto.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio