27.8.06

A XUNTA DE GALICIA legaliza os fondos expositivos da Sociedade Galega de Historia Natural


Nestes días recibimos o documento polo que a Xunta de Galicia legaliza os fondos biolóxicos que conforman o “Museo da Natureza”. O procedemento administrativo foi longo e complexo, para cumprir con tódolos requisitos que a Lei solicitaba.
Este outorgamento é, sen dúbida, a noticia máis importante do ano para nos. É o primeiro e fundamental paso para os sucesivos nomeamentos e por riba de todo, dota á Sociedade Galega de Historia Natural dunha representación legal coa que moi poucas coleccións relacionadas coa natureza contan na nosa Comunidade.
Queremos agradecer a colaboración prestada para a consecución desta legalización, de todas aquelas entidades, organismos oficiais, Protección Civil, Policía Local, SEPRONA, Centros de Recuperación de Fauna Salvaxe, Investigadores e Universidades cós que traballamos ao longo da nosa historia e que non dubidaron en brindarnos o seu apoio, aportando declaracións xuradas ao noso favor. A todos, ¡moitas gracias!.
Queda moito por facer, xa que como dicimos este é un primeiro paso, pero seguiremos traballando.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio