Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (27 de Maio de 2007)

Etiquetas: Colaboración NORDESÍA
O "MUSEO DE HISTORIA NATURAL da Sociedade Galega de Historia Natural se atopa na cidade de Ferrol (Galicia). A SGHN é unha Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973, inscrita no Rex. Nacional de Asociacións co nº 584918 e rexistrada no folio 11 das Asoc. Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia)Nº AO/C-000/382 do Rex. de Asoc. Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente. Incluída no Rex. de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia co número 2009/0110.

Etiquetas: Colaboración NORDESÍA


Nunca antes presenciáramos a terrible realidade de tantos cabalos e eguas que andan ceibes polos montes e esta escena se presentou ante nos como unha labazada. Dúas trancas de madeira pendían dos pezuños do animal, facendo case imposible que este progresase entre a matogueira, tropezando un pao con outro, coa vexetación, coas pedras... Os trebellos limitaban de tal xeito ao animal que en toda aquela xornada o seu desprazamento foi mínimo.
Douscentos metros deste cabalo, estaba o resto da manda tamén condenada a levar as trancas, pero nunha soa pata. Só as crías librábanse desta pena imposta polo home e se movían ao redor nas súas impotentes nais, que non poden ensinarlles a máis prezada das habilidades dun equino, correr libre polo monte, con as súas patas longas e áxiles. Estes cabalos, segundo soubemos despois, viven toda a súa vida encadeados a estas trancas de madeira e morren con elas, as máis das veces. Pódese supoñer a cantidade de accidentes causados polo impedimento das trancas que se producen e que teñen como consecuencia a rotura das patas dos cabalos, ou os accidentes de tráfico que se producen a causa da imposibilidade que ten o animal de reaccionar con axilidade ante un vehículo. Destacar tamén a nula posibilidade de defensa ante o ataque de predadores, como os lobos, para quen capturar a un animal nestas condicións é moi doado. E que dicir das femias acabadas de parir, impotentes para defender a súa pequena cría ante un ataque. 
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións
A tranca de madeira non é o único instrumento de tortura para inmobilizar aos animais, cordas e ata cadeas forman parte tamén do inventario de utensilios habituais, que nos traen á memoria séculos pasados nos que homes encadeaban a outros homes, facéndoos escravos e privándoos de dignidade e vida.
Dende a SGHN iniciamos no ano 2005 unha campaña para concienciar da necesidade de erradicar unha vergoñenta costume, que parece reducirse a nosa Comunidade e que nos enche de pesadume. Se confeccionou un expediente informativo que foi entregado a SEPRONA e á Xunta, no que se alertaba do problema e se facilitaban os textos legais cos que enfrontarse e combater este funesto comportamento. Se daban así mesmo diferentes puntos de Galicia onde se estaba a practicar este maltrato aos cabalos, documentado con fotografías e fechas. Se relacionaban algúns accidentes de circulación por estradas secundarias producidas pola inmobilidades destes animais e, por suposto denunciábamos a utilización cos cazadores facían das mortes destes cabalos para solicitar batidas de lobos en certos puntos da Comunidade, obviando que os cabalos con trabas son presas fáciles e indefensas.
Tralas primeiras publicacións nos diarios, foron moitas as denuncias que se uniron a este informe e que incluían diferentes zonas de Galicia. Aquí e acolá apareceron ollos que tamén se doían da imaxe dos animais maltratados e rexeitaban o feito. Esto fai que a Garda Civil estea a ampliar as indagacións.
Atopar quen é o desaprehensivo propietario é a maior dificultade na labor policial. Mentres tanto, os animais están a seguir sufrindo a agonía que presenciáramos aquel Venres Santo, imaxe que ven aos nosos pensamentos con frecuencia, e que nos fai preguntarnos por que razón non se poden tomar medidas urxentes para liberar aos cabalos das trancas no momento que son atopados, aínda que non se coñeza a quen pertencen e logo continuar coas investigacións que descubran quen está detrás do delicto.
Conforme á Lei 1/1993 de 13 de abril “Protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade” e o regulamento que desenvolve dita lei, Decreto 153/1998 de 2 de abril, a SGHN pon periodicamente a disposición do SEPRONA a información recollida na nosa asociación sobre os puntos da Comunidades onde se detecta a utilización de trabas en cabalos, algúns destes lugares aparecen relacionados a continuación:Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións
Os efectos na cadea trófica en plena época de reproducción e crianza da meirande parte das especies de fauna, e nun espacio de sobranceiros valores naturais como os Ancares, son impredecibles.Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións


Etiquetas: Mamíferos Mariños VARAMENTOS

Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións

Etiquetas: Cursos Charlas e Conferencias

Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía
Celebrouse en Santiago a manifestación convocada polos colectivos ecoloxistas que figuran a continuación, entre os que se atopa a SGHN.
Ademais de contar co apoio de galegos ilustres como Darío Xohan Cabana, Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Gustavo Luca de Tena, Suso de Toro, Margarita Ledo, Antón Seoane, Marilar Aleixandre, Fon Román, Antón Santamarina Fernández, Francisco Fernández Rei, Francisco Sanpedro, por citar só uns poucos nomes entre os máis de cen firmantes.Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía

Etiquetas: Mamíferos Mariños VARAMENTOS

Etiquetas: Cursos Charlas e Conferencias