Un OSO na beira da estrada – (Agosto 2007)

Deixo para outro lugar e tempo relatar os diferentes pasos que seguimos dende a SGHN para poder recoller o corpo e traelo para Ferrol, aínda que si aproveitamos para agradecer ás diferentes autoridades as facilidades que nos deron en todo momento. Tivemos que acudir dende a o Concello de Foz ata a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pasando polo SEPRONA e por uno dos técnicos que actualmente traballan na nosa comunidade no estudio do Oso Pardo.
.jpg)
Porque esa era unha posibilidade, xa que as noticias que nos chegaban falaban dun animal de gran tamaño, algo que quedou descartado nada máis atopar o cadáver.O oso está nestes momentos nunha sepultura controlada, esperando que o tempo nos deixe comprobar o seu esqueleto limpo, que primeiro nos aportará datos concluíntes sobre a súa determinación e a vida que levou, para logo formar parte do noso “Museo da Natureza”.
Cando levantamos a terra e deixamos a descuberto o corpo, cunha pelaxe que caía en guedellas nada máis tocala, atopamos un osiño macho, máis ben pequeno, lonxe do anunciado gran animal.

Igual de miserable é a vida nos seus países de orixe, xa que en todos eles sofren persecución, especialmente en China, onde o seu corpo se utiliza na menciña tradicional. Os chinos manteñen a estes animais en gaiolas de tamaño minúsculo, como se fosen galiñas poñedoras, sacándolles cada día en vivo parte da vesícula biliar. Nalgúns outros países como Pakistán, chegaron a utilizarse en pelexas con cans de presa.
A dura relación destes animais co home unido á ameaza que supón a perda de hábitats pola alteración das masas boscosas fixeron do Oso Negro Asiático un animal en perigo, considerado pola IUCN como “VULNERABLE” e “EN PERIGO CRÍTICO” a subespecie ursus Thibetanus ssp. Gedrosianus de Irán e Pakistán. Figura tamén no Apéndice I do CITES dende 1979.O feito de que este animal procedera dun circo non aparta a súa importancia como especie protexida e aínda que lamentamos que no noso País non haxa unha regulamentación que limite as actuacións do circo con animais, as regule e controle, a lo menos esperamos que se aclaren as circunstancias da súa morte e orixe concreto deste pobre animal que rematou nunha toxeira mesturado co lixo, nun eucaliptal da nosa Comunidade.
(Texto: Yosy)
Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía, Museo da Natureza

<< Inicio