PEZ LÚA REAL (Lampris guttatus) – un sol vermello baixo a auga.
+copia.jpg)
O que máis destaca neste peixe, ademais do gran tamaño que pode chegar ós dous metros con 100 quilos de peso, son as rechamantes cores vermellas que teñen a finalidade de protexer ó animal dos raios ultravioletas cando se atopa preto da superficie, algo que fan en poucas ocasións moitas delas relacionadas coa reproducción xa que estamos a falar de peixes de augas profundas.
.jpg)
A este peixe dedicamos todos os nosos esforzos nos días festivos cos que nos agasallou o calendario. Os escasos medios con que contamos na actualidade imposibilitan unha conservación en frío, así que optamos por facerlle moldes cos que reproducir algún día a súa figura e finalmente obter o esqueleto, para o que foi preciso una disección coidadosa.Etiquetas: Museo da Natureza, Peixes e Quenllas
.jpg)



0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio