CACHALOTE – A montaxe dun coloso
.jpg)
Para chegar a esta foto foi precisa unha complexa historia de esforzos, de alegrías e tamén de infortunios. Todo elo sobre unha base robusta de traballo no que colaborou moitísima xente que aportou a súa axuda, pequena ou grande, pero fundamental para chegar a este resultado.
.jpg)
A CEMMA e a SGHN puxeron as mans para a dura tarefa de desmembrar o corpo do gran cetáceo e para darlle sepultura controlada. Houbo quen puxo ata a terra onde ficaría o animal e quen vixiou cada día que os raposos non se levaran os osos máis pequenos.

Case tódolos esqueletos que se van recollendo nese esforzo conxunto de estudio dos mamíferos mariños entre a CEMMA e a SGHN, seguidora a primeira do traballo iniciado en Galicia pola segunda, teñen ó “Museo da Natureza” como depositario destes magníficos animais protexidos e amparados por las leis actuais, tanto nacionais como internacionais. Porque finalmente a nosa maior preocupación é a protección dos mamíferos mariños e achegar o coñecemento desta protección e da súa bioloxía á xente.

Nembargante, toda a obra que temos no noso haber e que puxemos a disposición dos gobernantes para ese proxecto único, tan só conseguiu que o Concello de Ferrol aportara o diñeiro para manter dous escasos postos de traballo para monitores que ensinaran, guiaran e coidaran dese material expositivo mantendo aberta a mostra expositiva e non houbo ningunha outra implicación, obviando que construír, reconstruír, crear, restaurar, montar e manter supón un esforzo excepcional que de ningunha maneira pode soportar unha entidade sen ánimo de lucro.
É moito o que nos ofrecemos e moi pouco o que se nos brinda. Para que toda a obra poda ensinarse son precisos materiais e mano de obra, porque xa non estamos a falar de mostras entre amigos, senón dun gran proxecto, que si non se apoia de xeito serio, se afunde sen remisión.
Ante a nula resposta das autoridades máis próximas a nos, pouco o nada entusiasmados cun proxecto que, seguramente é demasiado grande para eles, quedaban tan só dos opcións, pechar as nosas ilusións para sempre o achegarnos a propostas de quen ofrenda proxectos reais e viables para poder culminar un traballo desta envergadura.Un concello pequeno como Sanxenxo, tan vinculado a este cachalote que foi a morrer a unha das súas praias, conseguiu os permisos precisos e financiou enteiramente este proxecto de montaxe do gran esqueleto.
E así vimos saír o venres pasado o noso traballo pola porta rumbo á provincia de Pontevedra, con sentimentos contrapostos. Por unha banda orgullo polo traballo ben feito que poderá ser ensinado cara ó publico. Por outro, certa tristura que unha vez máis teñamos que vivir na escuridade, sentíndonos foráneos na nosa propia casa e de prestado. Sen que ninguén aposte polo noso esforzo, condenándonos a vivir subsistindo e mantendo escasamente á xente ilusionada ó noso redor. Sabedores de que se finalmente os derradeiros puntais que manteñen o edificio do proxecto, se caen, o edificio da ilusión derrubarase por completo. Tómese isto como unha metáfora e como unha realidade.Etiquetas: MAMIFEROS MARIÑOS, Museo da Natureza
.jpg)



0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio