TARTARUGA MARIÑA (Tortuga boba) – Caretta caretta: “BASTEIRA”
Recibiu o nome de BASTEIRA en clara alusión á praia onde foi atopada, no Concello de Cariño.
Ingresou onte pola tarde (14-03-2010) na UCI de Lobos mariños e tartarugas da SGHN-CEMMA na condición que se pode apreciar nas fotografías.
Un gran exemplar, de máis de 60 centímetros de lonxitude coa aleta esquerda seccionada, nun probable accidente cun arte de pesca, situación agravada pola baixa temperatura das augas galegas neste intre.
Lesións producidas por anzois, palangre, redes á deriva e enmalles en xeral, unidos ó perigo evidente do lixo que flota no mar, especialmente os plásticos que cando son inxeridos polo animal, confundidos con presas, lles causa a morte por asfixia, son todos eles os maiores inimigos destes animais.
Como primeira medida ó día seguinte do seu ingreso procedeuse a facerlle radiografías que permitan coñecer con exactitude as afecciones que puidera presentar, para segundo os resultados facilitarlle o tratamento preciso para a súa recuperación.
Etiquetas: UCI Tartarugas mariñas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio