16.3.10

As ORCAS non son BALEAS, nin ASASINAS, nin XOGUETES, nin PAIASOS, ...


O recente incidente producido no parque temático “Sea Worl” en Florida (EE.UU.), no que unha adestradora de mamíferos mariños resultou morta, deixou a triste imaxe da orca chamada Tilikum, relacionada coa morte da muller, flotando nun ínfimo estanque mentres miraba acurralada cara á cámara que a observaba desde o aire.
O animal con unhas seis toneladas de peso apresara o pelo da muller que ficaba agochada sobre unha superficie por riba da orca, presta a dar o espectáculo de cada día. Tal e como se xogase, arrastrou o corpo ata o fondo do tanque como se fora un xoguete.
Unha cárcere de auga onde o animal privado de liberdade pasou case trinta anos da súa vida. Tilikum, nome procedente da lingua dos indios Chinnok de EE.UU e que significa “amigo”, foi capturada a finais da década dos oitenta do século pasado, cando o mamífero tiña dous anos e desde entonces a súa vida transcorreu privada de liberdade.
As orcas (Orcinus orca) son golfiños, grandes delfíns, aínda que a prensa se empeñe unha e outra vez en chamarlles baleas, e máis precisamente “baleas asasinas”, un nome producto da confusión do seu nome en inglés e na orixe mesma da súa denominación: “whale killer” ou “killer whale”. Foron mariñeiros quen presenciando os ataques das orcas ás baleas, as alcumaron como “asasinas de baleas” e os ingleses os que traduciron incorrectamente deixándolle para sempre o de “balea asasina”.
Quen cansando de escoitar unha e outra vez as noticias sobre orcas, cando no o de “Balea asasina”, non quixera preguntar berrando: ¿Onde teñen as orcas as barbas?.
Este delfínido puidera ser un dos mamíferos mariños máis rápidos, por non dicir o que máis. É doado entender logo o que pode supor para quen precisa percorrer millas, atoparse encerrado, cos seus case nove metros de longo que pode chegar a medir un macho adulto, nuns metros cúbicos de auga.
A orca Tilikun sendo aínda un individuo inmaturo ficou encerrado para sempre lonxe dos seus conxéneres e necesitado aínda deles, non esquezamos que unha cría se mantén coa súa nai ata os dez anos de vida.
Este delfínido en particular foi apresado cando se puxo de moda a captura de mamíferos mariños como un negocio máis, para manter a fame nunca saciada do home depredador que precisa para a súa diversión do sufrimento de outros.
Da páxina: http://www.orca.org.pe/especies/orcinusorca.htm extraio o seguinte parágrafo que ilustra perfectamente a realidade desta explotación vergoñenta e no que se pode ler:

“A pesar del Acta de Protección de Mamíferos Marinos emitido por el Congreso de Estados Unidos en 1972, las capturas de orcas para ser llevadas al cautiverio han ido diezmando grupos residentes y transeúntes en diferentes partes del mundo, como Japón e Islandia. La comercialización de orcas esta prohibida de acuerdo a los tratados internacionales como la Convención sobre el Comercio Internacional de Especies Amenazadas de Fauna y Flora Silvestres (CITES). Sin embargo, el tráfico ilegal de orcas capturadas por embarcaciones pesqueras o de orcas varadas vivas se ha mantenido vigente, vendiéndose animales hasta por un millón de dólares, ingresando a zoológicos y acuarios como "animales transferidos" de otras instalaciones. Lamentablemente, el 95% de las orcas capturadas mueren durante el transporte o al llegar a cautiverio. Una vez cautivas, las orcas sufren severas alteraciones del carácter que reduce su vida "útil" para el espectáculo por lo que son descartadas, mientras que otras sufren enfermedades o fuertes depresiones que han conllevado incluso al suicidio de varios individuos. Las orcas cautivas llegan a vivir tan solo hasta los 25 o 30 años”. (A idade máxima á que pode chegar unha orca é de noventa anos.).

Queremos recordar a algúns destes animais apresados case de crías que tiveron unha vida tan lamentable como unha pronta morte: así o exemplar relacionado coa película de “Liberade a Willy”, famosa en España fai uns quince anos, que foi o forzado protagonista que nunca alcanzou a súa propia liberación, logo de ser capturado en augas de Islandia, tan pequeno que devolvelo ó mar era unha segunda agresión, privado como estaba do coñecemento do medio. O tempo de catividade lle agasallara ademais con enfermidades que non podería superar en liberdade, como a presenza dun virus nas aletas pectorais e o atrofiamento da aleta dorsal, unha anomalía frecuente nos animais en catividade na que perden a rixidez de dita aleta en parte pola continua exposición ó sol e pola ausencia de exercicio dos músculos que manteñen a rixidez do apéndice.
Finalmente para acalar as peticións de liberdade que demandaba unha sociedade máis concienciada, levouse ó animal novamente a Islandia para devolverlle o que nunca se lle tiña de quitar, pero o animal xa non soubo vivir sen a escravitude e faleceu de pneumonía cando aínda non chegara a cumprir os trinta anos.

Aquí, neste país no que temos atrofiada a sensibilidade cando se trata de respectar ós outros animais que conviven con nós, tamén tivemos a nosa historia cunha orca. Ulises foi capturada sendo tamén un pequeno animal, na década dos oitenta e levada a un centro de espectáculos con animais e máis tarde vendida ó Zoo de Barcelona, onde se mantivo uns dez ou once anos, compartindo “celebridade” co famoso “copito de neve”. A falta de espazo para o seu gran corpo, fixo que fora trasladada finalmente ó tristemente famoso SeaWorl, onde parece continúa sobrevivindo.
Hai máis orcas privadas de liberade no noso país, recordemos o centro de atracción de Tenerife Loro Parque, onde fai pouco tempo ocorreu outro episodio de “ataque” dun exemplar de Orca a o seu adiestrador.


A propósito deste parque acuático, “Ecoloxistas en Acción” publica na súa páxina http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article16932
un artigo contra a utilización de mamíferos mariños e en especial de orcas nos seus espectáculos, solicitando ó goberno o cerre definitivo dos delfinarios. Extraemos deste texto o seguinte parágrafo:

“Existe un total de 42 orcas en cautividad en todo el mundo (8 en Japón, 1 en Sudamérica, 25 en Norteamérica, 8 en Europa -4 en España-). De esas 42, 13 son capturadas en el mar y 29 nacidas en cautividad, qué sentido tiene la tenencia de estos animales en cautividad? Ecologistas en Acción solicitará al Gobierno de España que no vuelva a gestionar el certificado CITES, a animales salvajes destinados a la industria de los delfinarios, pues las condiciones de vida de estos animales son fatales y, los programas de recuperación de especies son nulos. Desde Ecologistas en Acción exigimos una acción clara del gobierno español para acabar con este negocio bárbaro y cruel. Los delfinarios no son educativos ya que, el comportamiento animal que allí es mostrado no existe y, además se hace alardía de superioridad de la especie humana cuando los estudios de etología de cetáceos muestran todo lo contrario.”


Pero volvendo ó último episodio no Sea World e a Orca Tilikun, moitos son os comentarios que se escoitaron. Moitos deles absurdas liñas que iniciaban a súa descrición co termo “asasina”. ¡Que barato e gratuíto é chamarlle así a quen vive baixo o xugo da prisión!, por riba de todo si é un animal a quen non se lle supón entendemento.



A historia da pe a que se abran os caixóns da miseria humana. Así chegouse a publicar que unha organización relixiosa pediu que se lapidase á orca, xa que segundo a súa opinión o animal tería que ser castigado segundo o consello da tradición xudeocristina por atacar a súa adiestradora. ¡E esta é unha noticia real!, aínda que nos de traballo crelo. Este tipo de sucesos alimentan as mentes criminais que viven da miseria, nas que se inclúe certo tipo de prensa que parece renacer do sangue das víctimas, sen importarlle as consecuencias, así que non temos que botarnos as mans a cabeza cando vemos publicadas este tipo de noticias que en lugar de sosegar alentan á violencia e deforman a realidade. Temos o exemplo próximo de o lobo de Cee e tantos outros.


Sobre esta historia dunha Orca chamada Tilikun os recomendo que leades o artigo de Francisco González Tejera, do que extraigo este parágrafo publicado en:

http://www.teldeactualidad.com/noticias_secciones.php?seccion=opinion&id=4413

“Tilikun sigue aislado y triste en esa bañera de Sea World, quien sabe lo que le pasará por la mente y si es consciente de lo que hizo en ese ataque de rabia. En Tenerife otras orcas viven en esas piscinas esperando a que suene el pitido circense para salir a hacer piruetas y malabarismos antinaturales, bajo los atronadores aplausos y gritos de miles de personas. Todas ellas fueron capturadas de su medio natural o criadas en cautividad, cada una está valorada en millones de dólares y son vendidas, intercambiadas o permutadas por estos zoológicos que viven a costa de la pérdida de libertad de estos animales maravillosos, inteligentes, comunitarios y de los que la especie humana podría aprender mucho si los tratásemos como iguales, como hermanos y habitantes de la Madre Tierra”.


Gaby Bellazzi , presidenta da Fundación “Terra Salvaxe (WED)” publica un artigo en http://www.elargentino.com/nota-80381-Orcas-en-el-mar-no-en-las-piletas.html , no que se cuestiona si a sociedade debe permitir manter a estes animais en pequenos habitáculos tan só para o noso entretenemento e nos presenta o traballo de foto-identificación no que ela colabora, realizado con 19 orcas en Punta Norte (Península Valdés). Un interesante traballo que se pode seguir en:

http://www.pnor.org/es/



Ó longo desta entrada de blog pódense ver diferentes fotografías da nosa primeira experiencia cunha orca. Apareceu no ano 2002 nun pobo da costa lucense, Burela. Chegou á costa xa morta pero aínda quente, empurrada polas demais femias do seu grupo social, integrado por uns seis exemplares de femias de orca que viaxaban xuntas.
Mentres nos traballábamos co cadáver, as outras orcas mantivéronse no mar, como esperando que o corpo da compañeira volvese as augas.
Unha femia adulta, con moitos anos de vida estimados no estado dos seus dentes. Estivemos ante ela longo tempo, antes de iniciar a obrigada toma de mostras e biometrías. Admirábamos o seu corpo, aquelas cores aínda brillantes, a pel lustrosa, o magnífico deseño bicolor que fai destes animais unha especie inconfundible.




Logo, coa necropsia, a lamentable realidade da dura loita diaria de tantos mamíferos mariños co medio e con aqueles outros animais que están a estragar os océanos, os humanos. A nosa orca, de 5,30 metros de lonxitude, tiña cribado o seu corpo con buratos, ata 115 impactos de postas con un diámetro de 1 centímetro, munición prohibida pero utilizada criminalmente desde algúns barcos. Un a un fomos contando aquelas feridas que a femia de orca levou con ela ata o fin do seus días. Un agónico sufrimento ata a súa morte en augas galegas.
Dela, ademais da biometría e os datos da necropsia, conservamos moldes de distintas partes do corpo e o esqueleto completo que veñen a enriquecer a colección do noso “Museo da Natureza”, formado por pezas, cada una de elas coa súa historia persoal, as veces triste como a desta orca. Aínda así, este animal viviu libre, cruzando o océano nas súas longas migracións, non tivo que esmorecer encerrado nun tanque, coa súa aleta dorsal dobrada nun xesto máximo de tristura como Tilikum.


Recentemente iniciamos a construcción do que será a maqueta da orca de Burela e en cada día de faena revivimos aquel encontro. O que amosan as fotografías son as primeiras fases do que será un traballo complexo, de longo percorrido. Ó final do camiño aparecerá novamente o corpo negro e branco da nosa primeira orca. Yosy-2010
---------------------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Página principal