LURA XOIA (Xoielura membranosa – Histioteuthis bonnellii) – doazón para o Museo da Natureza
.jpg)

A Xoielura membranosa (Histioteuthis bonnellii) chámase así, ademais de polo aspecto brillante, por un rasgo característico da especie, a membrana que posúe entre os brazos. Común en Galicia, pero difícil de atopar, a partir dos 500 metros de profundidade.
En inglés coñécese co nome de Umbrella squid e en Italia chámase “polvo-seppia” polo parecido da súa parte inferior con un polbo. Descoñecemos as citas que existen desta especie, pero o exemplar máis grande atopado na Península mediu 33 cm de manto. Como curiosidade atopamos unha cita deste cefalópodo realizada por J.Xampeny Baro e S. Filella Cornado- A Coruña 11 agosto 1974, dun exemplar que formaba parte do contido estomacal dun cachalote capturado por buques baleeiros da factoría de Caneliñas (Cee). Máis información: Etiquetas: Cefalópodos, Museo da Natureza
.jpg)

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio