Colocación de pancarta na “Casa do Coronel” – (21 outubro 2007)

Este Domingo, 21 de outubro, pola mañá colocouse unha pancarta reivindicativa na “Casa do Coronel”, que solicita que esta sexa a sede definitiva da nosa entidade e do “Museo da Natureza”. As obras de rehabilitación no caserón están paralizadas neste momento, á espera da decisión definitiva do Concello. Esperamos que a nosa reivindicación sexa escoitada e que as autoridades locais decidan continuar cos planes iniciais de establecer o “Museo da Natureza” e a delegación ferrolana da SGHN no Barrio de Canido en Ferrol.Etiquetas: Museo da Natureza



0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio