Sección de Astronomía: Un novo TELESCOPIO SOLAR – (21 outubro 2007)
O telescopio conta coas seguintes características: 40 mm. e 400 mm. de focal dotado dun prefiltro de entrada multicapa. No interior hai un filtro Fabry-Parot que pode ser lixeiramente virado a través dun anel xiratorio exterior (isto faise para axustar as bandas transmitidas polo filtro e que coincidan co H alfa) e para rematar, á saída, xusto antes do ocular, hai un filtro H alfa de banda ancha que bloquea todas as liñas transmitidas polo filtro interferencial, excepto xusto a que necesitamos para ver o Sol en H alfa.
Con este segundo telescopio, longo tempo desexado, dáse forma ao proxecto de Observatorio para a Sección de Astronomía, ubicado no “Museo da Natureza”, instalación pendente da cesión definitiva da “Casa do Coronel” polo Concello de Ferrol.
Etiquetas: ASTRONOMÍA
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio