10.10.07

Un novo telescopio para a SGHN – (9 outubro 2007)




O novo telescopio adquirido pola Sociedade Galega de Historia Natural foi presentado pola Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica na Praza de Armas de Ferrol. Ao acto asistiu a Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Ferrol, Yolanda Díaz.
Trátase dun telescopio “Meade Dobsoniano” de 406,4 mm (16’’) de apertura, cunha distancia focal de 1.829 mm e unha potencia visual máxima de 700 aumentos, equipado cunha óptica “Meade QX” de 26 mm e adaptador para outras ópticas. O seu peso montado é de 60 quilos e a ubicación definitiva será na futura cúpula de observación no novo “Museo da Natureza”, no caserón coñecido como a “Casa do Coronel” no barrio de Canido, un punto estratéxico para as observacións astronómicas.

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio