“SEIXAL” - Evolución (10/03/2006)
Nas primeiras corenta e oito horas da súa chegada nos decatamos de que tiña unha leve infección nas vías respiratorias, o que fixo necesaria a utilización de antibióticos. Nos días sucesivos apareceron outros inconvenientes relacionados coa saúde, entre elas dificultades á hora de defecar (pasou máis se seis días sen facelo). Preocupados, xa que nese tempo o animal estaba a ser alimentada de xeito normal e tentando buscarlle alivio, probamos con canto remedio atopamos, dende aceite de oliva ata Tahini (un derivado do sésamo), cun final feliz. O tratamento das feridas é un capítulo aparte, precisaron de tres curas ao día, nestas primeiras xornadas e para combater a infección houbo que inxectarlle antibióticos. Tiñamos que mollarlle con moita frecuencia o corpo xa que a bañeira non se podía utilizar ata que a evolución das feridas non estivese máis adiantada. Seixal adoptou en todo momento moita enerxía, movéndose entre nós e mordendo canto atopaba, disposta sempre a devorar canto peixe lle botábamos. Foi moi fácil ensinarlle a comer, xa que aprendeu a facelo soa en dous días.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio