“BURGO” – Traslado a O Grove (5-03-2006)
Sen dúbida que este lobiño faise querer dunha maneira especial por ese carácter tímido, pero polo mesmo motivo preocúpanos que dependa excesivamente de nos e de nosas atencións. Así que cando consideramos que tiña forza e axilidade, non precisaba medicinas e comía por si só sen problemas, tomamos a decisión, có visto bo do veterinario da CEMMA, de levalo ata o “Acuarium Galicia” para que adquirira forma e peso, nun medio similar ao propio e que perdera a dependencia que puidera ter de nós.
En canto o soltamos marchou a esconderse na caixa da auga, sen ni sequera decatarse que estaba baleira e alí agachou o corpo. Enchemos de auga a bañeira, botámoslle un extra de comida e o deixamos descansar.
O día 5 de marzo saímos con el para a que sería a súa nova casa durante uns meses, a piscina do acuarium. Foi ben acollido por Prado e aceptado por Rinlo. A nosa preocupación de que fose atacado ou que non tivera o seu oco na piscina, afortunadamente se esfumou.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio