17.4.08

“Camiñando ao son das montañas” en As Corcerizas – Colaboración da SGHN


“Amigos da Terra” e a Dirección Xeral de Xuventude organizan uns fins de semana ambientais: “Camiñando ao son das montañas”, que se celebrarán no centro de educación ambiental de “As Corcerizas” na Serra de San Mamede, en Ourense.

Cada fin de semana inclúe:
Roteiro ambiental interpretativo ata o bidueiral de Montederramo cunha actividade de rastros e sinais de fauna, impartida por Juan Ignacio Díaz da Silva, Delegado da SGHN de Ferrol.
Baño termal no balneario das “Baños de Morlas” e itinerario a cabalo pola serra.
Un total de catro fins de semana, entre Abril e Maio.
Inscripcións a partir do día 13 de Abril. Número de prazas limitado.
Pódese atopar máis información na páxina:

http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/wp/

-------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Página principal